28.2.04
baleiro
Despois de botar todo o día discutindo se os quorums debían facerse por dous terzos ou tres cuartos, e a pesar de toda a felicidade do acontecemento histórico, sinto unha especie de baleiro.
Teño dous plans para saír, e ningún é capaz de vencer o meu cansazo.
Leo unha breve historia da mentira, e reflexiono sobre qué cantidade de falsidade hai neste blog, que eu nun momento dado escollín que contase todo, sen pudor. Unha das teorías do libro é que a mentira é inevitábel. Non é da autora, é de agostiño de hipona. Supoño que todo isto, en realidade, é unha grande impostura.
O camareiro portugués, que me ilusionaba todas as tardes coa cerimonia de ir, pedir unha cervexa, mirar, darlle voltas ao anel... foi asasinado por 12Uvas, cunha historia cargada de verdade (un mozo real, unha casa compartida, esas cousas verdadeiras...). Arrepío.

27.2.04
pátina
En breves pausas leo un documental en banda deseñada. Chámase Rural, e fala da construción dunha autoestrada (real) en Franza, e de como afecta unha explotación de agricultura ecolóxica. Hai frases temíbeis, planos estarrecedores, e unha especie de po das máquinas escavadoras que sae voando das páxinas e pousa sobre as alfombras da casa, os mobles e os peliños mouros de ulises.
Miro para fóra; quizais proveña o po desta mesma rúa: cortan pedra ruidosamente, raspan o formigón.
Recibo correos estraños, pero non me dá a cabeza pra lelos: un anuncia a presenza dunha nova vaca no blogmillo: Le Barrage. Parabéns gozosos. Mañá será outro día.

palabras retortas
Decátome de que os últimos posts teñen títulos preocupantes: sombra, abandono, solpor... busco e rebusco no fondo das vísceras, a ver se hai algo para saír para adiante. Pero non.
A sinusite crónica dificúltame saídas moito máis poéticas. Deixaremos que os eritrocitos fagan o traballo ao seu xeito. Non como estes da foto, esmorrentes a causa dunha enfermidade que milagreiramente non pillei.

solpor
Pésanme as pestanas. Hoxe foi un día mooooooi intenso pra todos. Lembro esa frase de que o verme lle chama fin do mundo ao que o resto do mundo chama bolboreta, e quizais por iso malia todo o cansazo arrombado, ao remate do traballo tomo unha pesicola no bar pra ver o camareiro portugués. No xa habitual local están só as donas e tamén Sandro (algo así). Vemos un pedazo dos serrano, en familia, e parolamos sobre o resto dos bares do barrio, todos con orixe en valdodubra, santacomba, tordoia... Sandro vira e vira un aneliño verde que ten no dedo e aos pouquiños mira pra min. Eu véxoo, así que tamén algo miro. Pode ser tan tenra unha pesicola con olivas...
Cando recollo e vou pra casa a seguir co traballo, penso no esgotador día e en que vin porse o sol entre nubes rubias, en vigo. Comeza a poallar frío.
Gugleo polos vermes, procurando o nome do mestre chinés autor da frase: en méxico din que Richard Bach, o abc apelídao Parreño. China xa non é o que era.

25.2.04
abandono
Había tempo dende un día tan magoante coma o de onte. Sen embargo, non pasou nada grave: só rachou un deses vasiños de vidro que temos nas entrañas e que recollen a joie-de-vivre. Por outra parte, multiplícanseme os problemas cutáneos, de diversos tipos.
Pra findala, baixamos tomar unha cervexa e ver algo o celta.
Entrou un ionqui no bar. Pediu, coa megamabilidade ionquiana, por favor, un bocata de balde. O camareiro, que é portugués, dubidou unha miga, pero a xefa fíxoo, non sei de que. Sentou a agardar ao noso carón. Pediu, por favor, un pito. Deullo Jacarezinho.
— Fuera sigue lloviendo?
— Segue
— Sabéis de alguna casa abandonada?
Non sabiamos.

24.2.04
sombra
Hoxe pensaba postear sobre os documentais de animais, sobre o orgasmo feminino (logo dunha conversa cun perito) ou sobre as relacións que atopei entre Lost in Traslation e Vacacións romanas, pero foi unha xornada de intensísimo e longo traballo.
Ao final o traballo mudou en viño, o viño en güisque, o güisque en haxix e o haxix en namoramento. Chego en mal estado á casa reflexionando sobre a miña sombra: logrei afacerme á miña crista fronte ao espello, pero non á traza bicuda da miña silueta negra sobre o chan. Aínda me sorprende.
Esta mañá o namoramento mudara en dor de cabeza. Por iso puxen a Carla Bruni. Xa sei que é pouco intelectual, ou incluso algo cutriñosa por mor do seu pasado teteiro, pero non me importa: abro a fiestra mentres apagan as luces da cidade, sinto a mañá contra a pel, almorzo unha laranxa e un amorodo pousado no peitoril e escoito que alguén me dixo que inda me amabas.
Poño calzóns lindos: se aparece o futuro quero estar preparado.

22.2.04
toquio
Jacarezinho aguillóame: tes que ir ver Perdido na tradución, pra ter de qué falar con Kate. Móveme máis sen embargo que TodoNada o declarase filme do ano. Malpocadamente non a vivo como elas. Fun na nocturna con Fufli e talvez o día me lastrase as pálpebras. Molestoume demasiado a historia de amor. O sentimento de soidade, de contemporaneidade, era tan terríbel, que me deixaba ao pairo que ao final houbese bico ou non. Nun momento, déitanse na cama e falan do felices que foran eses días no xapón. Eu debín ficar chantado na angustia, porque de súpeto non entendía nada. Se cadra eles tampouco entendían nada.
Cando eles están pendentes da despedida, eu preocúpome das luces, ou de por qué a xente berra dende as vanetes. Gústame, e gústame toquio. Quédame cravada unha estela de cerdeira frolida por baixo da unlla, pero discrepo de TodoNada. E tampouco sei se me dará moito pra falar con Kate.
Ao final vou con Fufli perrear algo á zona vella. Todo segue no sitio. Incluso o que non debería seguir.

desviación
Xente que aterra neste blo busca: ferretes, ferrol tetas, fodas com pretos, pirolas e musica do antroido. E como sempre, balas.

21.2.04
calvos
Paso a noite en nigrán, en casa de peke e bolli. Tentamos facer un blo, pero non nos dá tempo: interrómpenos unha saborosísima peituga de parrulo, rustridiña con xermolos de soia e arroz. O primeiro é o primeiro.
Falamos de moitas cousas, entre elas do blogmillo ou da intensa relación entre a fealdade e a militancia no bloque. Hoxe, xa de volta, vexo ao meu verdú comentar a xa vella teoría que vencella cabelo e presidenciabilidade, e síntome reforzado.
De camiño, na noite da AP9, estraloume o parabrisas entre a xiada do aire e a calefacción de lola. O asfalto dividiuse en dúas metades pola fenda: na superior o medo, na inferior o frío.

luxemburgo
Escríbeme berlín, dende Luxemburgo. Dime que se lembra de min. Luxemburgo está cheo de referencias ás orixes da UE. Penso que aquela vez en que me confesaches a túa paixón antiga por todo ese proceso non tiven ocasión de comentarche que a min me pasaba algo parecido. Foi, sobre todo, na miña adolescencia, cando defendía a nosa pertenza radical, profunda e inesgazábel a europa fronte a uns compañeiros do instituto, pobres vítimas da educación do concello de oleiros, que refugaban calquera vínculo con austríacos ou suízos vistas as súas actitudes profundamente burguesas, capitalistas e mesmo xenófobas. Sentinme incomprendido.
Fago chanza moitas veces da posibilidade de exiliarme. Ás veces non é tanta chanza.

estado puro
Fago cola no cine cun pastel de chocolate na man. A parella que está diante miña pide dúas pra zatôichi. Unha rapaza ás miñas costas puntualiza: saoiqui. Tócame a quenda e pido dúas prá dúas, porseas.
Non lembro qué comentaban os coblogueiros de zatôichi, pero era unha vella promesa a 12Uvas, así que alá vou. Saio pouco máis ou menos como entrei, algo emocionado sobre todo polo número musical final, que supoño que é o que lle pasa a todo o mundo. Jacarezinho infórmame de que o cretino de cine do xornal local cualifica Zatoichi de cinema en estado puro. Eu debo ser mixed state. Para alén dos planos e de certos elementos de musicalidade legoñeira, pouco gardo deste filme. Ah, si: a faciana de Osei, cando di creo que este quimono me acae ben. Abofé. En realidade, Osei é un belido artista de cabuqui, ídolo de adolescentes nipóns.

críticas
12Uvas, que é unha xoia desta terra, critícame os posts. Algúns gústanlle, pero en xeral parécenlle parvadas sen sentido. Incluso di que o do pó das bolboretas era unha franca horterada.
Concordo tanto con el que rimos e fodemos megacontentos.
A miña vida cambiou wapísimamente dende que Cesare existe.
Novidade: un novo blo portuxés, o come e cala, que promete sorprender e informar o leitor acerca das verdades e mentiras sobre nutrición publicadas na prensa. Non se me ocorre nada máis apaixonante, agás que modem e mandarinas regrese a este plano astral.

19.2.04
silencio
Quedo con Fufli pra cear, e cóntame dos seus éxitos e problemas con 20Vacas. Ten unha boqueira no fociño, pero o brillo do resto ocúltaa. A novidade, sen embargo, é que viste enteiramente de negro. Preocúpame esa clase de xente. Algo lles falla na chaveta íntima.
Axudado polo mencía, envíolle unha mensaxe a Kate, que queda sen resposta. Agora sei que estaba vendo Lost in Traslation. E aquí fico eu, perdido na tradución e cunha estraña dor no artello da dentamia que me impide abrir a boca e mastigar. Ás veces mándolle esguías olladas ao móbil.
Chimpi envíame unha ligazón onde se pretende demostrar que the real Frodo é gai. A polémica é vella, e por iso a recollo. Pero decididamente non é o meu tipo.

18.2.04
crista
O caso que a viaxe a pontevedra impídeme asistir a unha prevista coincidencia espazo-temporal con Kate. Hoxe, ademais, Jacarezinho pinta en dous trazos un horizonte escuro e neboento. Mentres renxen ao fenderse as miñas células óseas, matino nunha estratexia de futuro. Guindar coa toalla? Agardar, como o vello do anuncio de iberia, a que pasen 25 anos pra acudir á cita? Queimarme ao bonzo no obradoiro? Lerá isto Kate e meteralle comments?
Estas cavilacións inútiles fanme estar de moi bo humor. Tanto, que vou á perruquería e cambio o meu peiteado despois de (meudeus!) oito anos.

laranxeiras oito
Vou nun coche para pontevedra, cunha cantante. Conduzo eu porque ela, como todas as boas cantantes, non sabe. Asistimos á emotiva presentación dun disco de 1904, que se reedita agora limpo e dixitalizado. Era aquel tempo de gramófonos. De feito, o disco de Aires d'a Terra gravouno unha empresa de gramófonos, que facía demostracións para espallar a invención. En lembranza, puxeron un trebello deses a virar enriba do escenario, pra que vísemos o seu son dourado. E o tempo detívose.
De volta na estrada, tralos pinchos, a cantante fala de Ricardo Portela. Hai xa anos ela coñeceu este vello gaiteiro, lanzal e galo coma todos os gaiteiros, nun acto público.
A cantante díxolle: encantada de coñecelo.
El respondeulle: Ricardo Portela, Naranjos, 8.
Esta absurda frase de dispoñibilidade pareceume relamente fermosa. Gustaríame repetila, pero en realidade nunca estou na casa.
Tamén falamos doutros gaiteiros, de dixitacións abertas e pechadas e doutros motivos nazonalpopulares que me quedan lonxe moi lonxe. Como as cousas das que fala Jean-Sol, e pregúntome, se non son folc nin roc, qué demo de cultura teño. Roc-poc? Jacarezinho sempre me di que teño cultura de notas a rodapé, e se cadra vai ser iso.

16.2.04
desobediencia (máis vacas)
Énganome e repaso os contidos do post que fixen dende valencia. Apetéceme meterlle algunhas ligazóns, e falar máis claro. Fágoo.
Ademais, debo anunciar a presencia dunha nova vaca no blogmillo, ou no demo que cultiven aló. Dende milleiros de quilómetros chegan as palabras de Caimán, que agora se fai chamar Dan Boden. Aínda ten o blo precario, pero xa logo o pon formal.
É tarde, e unha pinza apértame as vértebras. Máis atrás está Chimpi. Hoxe fomos xantar xuntos, a un comedor de rapazallada. El creoume a páxina auxiliar para meter as imaxes deste blo. E moveu tamén os meus peíños técnicos mentres TodoNada me auxiliaba no teórico. Moitas cousas divertidas lle teñen pasado a Cesare, gracias a Chimpi. E nunca llo dixera. Así que gracias.

de pánico
Porque volto, feliz. E malia todas as dores na caluga, vexo que Kate decidiu meter comments no meu blo e mais no de Jean-Sol.
Repaso unha e outra vez o significado das súas palabras, mentres me caen as bágoas de pánico pola frente. Signos estraños, palabras confusas...
Convido un cubata a quen mo estreme.
Xa lle adebedo un xapomenú a TodoNada e un cacharro a Vendell. Non importa. A ocasión meréceo.

embutido de sentimentos
Efectivamente, ao final atopei unhas lascas da valencia moderna, ao chegar a noite. Como era san valentín, resultou realmente complexo atopar unha mesa non reservada. Frustrei o tipismo ceando un cuscús e esgarraet de bacallao na barra dun bar, rexentado por unha arxentina. La Dorita, chámanlle. Supoño que Contra o coñecerá.
Á mañá seguinte fun ver o mencer á Malvarrosa, pero non cheguei por unha lástima. O sol aínda estaba baixo e vermello sobre a liña da auga. Incribelmente foi o mesmo sol baixo e vermello que se deitou a poucos quilómetros de Ávila, na N-403, ao pé dunha igrexa en ruínas e sobre uns campos de herba do barbeito.
Tomei café. Falei con gasolineiros e con pasteleiros. Incluso parolei un bo pedazo coa camareira coxa do Dorita e coa encargada do Museo do Arroz. Non sei qué máis se pode pedir para un día só. Ah, si: xantar cuchifrito en Tarancón, visitar a feira do embutido de Requena (con tortilla masiva incluída, nada que cobizar de cacheiras), contemplar ao caer da tarde as siluetas de toledo e de ávila recurtadas contra o mundo, ou camiñar pola rúa en camiseta.
E voltar.

cedilla
cheguei. teño o retrovisor de lola cheo de labra de emoción.
a miña vida pende dunha cedilla.
prometo contar.

14.2.04
unha navalla, un bico
Estou nun cíber, no eixample valenciano. Son o máis vello de todo o local, que está cheo. O meu colega de a carón di: xa vai, xa vai, cando mate ao puto Mefisto. Coidado, tony, que che cae o meteorito. Estas máquinas son cultura. Tony, ti tes neurona?, engade e dispara.
Onte pasei a noite na casa dos apandadores, en Aluche. Falamos dos tiles, das obras del (a piques de publicar unha novela), e de tantas e tantas cousas e novidades...
Cheguei a valencia de mañá, entre campos de amendoeiras frolidas. A cidade é moi fermosa, radiante. Ademais, hai un cutrerío subterráneo, coma o río turia, que resulta encantador. Xantei nunha cafetería-picería ao pé do ivam. Como estaba só, e era fiel ao feito verdú, achegóuseme o dono: oes, que película dan hoxe co periódico? Como refén desprendinme do cupón e regaleille unha colmea en troca dos canelóns.
Hai moitas cousas pra contar. Penso a miúdo en contra e en como falaba o outro día de vigo e valencia e valencia e vigo. Sen embargo, non atopo (de momento) a valencia moderna. O máis moderno é o conxunto tuning-zapas e a enésima ponte de calatrava, se iso pode ser moderno. O propósito da viaxe era ver a exposición de bacon. Deslúmbrame o pintor atouciñado, como xa me aglaiara no Porto. Agardaba máis cadros de inocencio X, pero gocei coma un pícaro cos seus corpos de pantasma. O peor, coma sempre, o vidro que protexe os lenzos: a sala estoura en refrexos e imposibilita ver a pintura na súa totalidade. Pero unha nota a rodapeza aclara: foi o propio bacon quen quixo ese vidro multirrefrexo para as súas obras, na procura dun distanciamento extra co espectador. Quizais teña razón.
Coincido sen sabelo co antolóxica de gargallo. Aínda non me recuperei da emoción. Levo na recámara cerebral as esculturas máis clásicas, máis gais, e os monumentos ao baleiro.
E xa pra rematar anoto unha frase promocional dunha coitelería, diante do mercat central: San Valentin. Una navaja, un beso.

13.2.04
a miña primeira vez
Outra vaca no blogmillo: o Quilombo.
Xúrovos que non o coñezo de nada (de momento). Ten imaxes desconcertantes.
Boa coraxe!

12.2.04
mali
Perdo o camiño da miña áfrica: oumou sangare dá un concerto na coru, pero confíome e esgótanse as entradas. mali cae nas semifinais da copa de áfrica, fronte a marrocos.
Porei a pulseira que me regalou yoyo pra durmir e soñar.

anguria
Levo tres días certamente infernais, dando tombos polo país endiante, redactando proxectos, facendo quilómetros e letras e quilómetros. Que di o fenxui das moreas de papel sobre a mesa? e das tarefas da intranet?
Contra fala bastante da anguria que (creo) lle produce o traballo. Ou só fala del cando o anguria, que tamén pode ser. TodoNada estableceu unha regra para si: non escribiría sobre o traballo no blo.
Eu, deica hoxe, tampouco o fixera. Non é por reserva, senón por aborrecemento. Pero desta volta, my way, vou ter que deixar pasar para aquí unhas frebiñas de lavoro, que se me meten entre os dentes.
Estou tan terribelmente canso que cavilo en non ir pra valencia na finde.

e logo din que a porcelana é cara
Os tombos laborais tamén teñen cousas boas. Por exemplo, verlle as entrañas á fábrica de sargadelos. As mulleres moldean e carrexan pratos, cuncas e gaiteiriños en branco e azul. Voan os aerógrafos, os palés, as sacas de feldespato. Hai cousas terríbeis, e tamén marabillosas. Parece que na fábrica, fermosísima, quedou todo ancorado nos anos sesenta, cun sovietismo complexo que esixe gardar silencio, limpar o lugar de traballo e non sobrepasar a liña vermella das visitas. O forno está a 1400 ºC, que en farengai deben ser unha chispa.
O reloxio do tempo detense nesta illa industrial, rodeada de humidade por todas partes. Éntrame un orgullo breve, que axiña tento acalmar.
Benladen aplástame que xa toda galiza estivo na fábrica de sargadelos, pra que flipe menos. Se é así, e seguimos como seguimos, non temos amaño. E probablemente non o teñamos.

formigón amado
cervo. ferrol. a coruña. ribadeo. oleiros. peto e peto no mar do norte e tento divisar ao lonxe o banco de Cortez, do que fala vendell.
Atopo a su-sanidad tomando auga mineral sen gas nun hotel rechungo, cunha señora peposa, de corenta. A auga, supoño, debe ser consello de torreiglesias.
Miro pra ese mar que está detrás do exministro; paso as horas mirando pra el e debatendo sobre pequenos e grandes proxectos, sobre cousas inverosímiles... Cando tento explicar o traballo á familia entendo o significado da palabra absurdo.
Sen embargo, nestes días ateigados recibo moitas cousas positivas. 5Line mándame novas dende andorra: deixou a tenda de armani, cambiou de piso e coñeceu un emigrante portugués chamado Náni. Que tedes os da coruña cos tugas? Precisamente berlín manda dous fotoblós de fráxiles macizos brasileiros: que se supón que debe facer un mozo? e quería estar contigo.
Tatexo diante do teléfono, volcado sobre o número de kate. Ao final non o marco. Fáltame vagar e sóbranme ganas de caer namorado.
Saio á fiestra da casa pra ver o avance das obras. 12Uvas está ao cabo de movistar, pecho os ollos e son a persoa máis feliz do mundo. Leva un par de días sendo xenial, pronunciando os mellores asuuuuuuurdos da súa vida. Na rúa xa meteron o formigón.

10.2.04
galleira
Sei que a ninguén lle interesa cando recollo neste blo palabras marxinais, porque antón santamarina non le este blo. Non me importa. hoxe apañarei unha que me deixou Fufli prendida nas pestanas: Ghalleira. El refírese cariñosamente á nosa nazón como Ghalleira. Gustaríame que alguén apuntase, comentase ou rexeitase esta acepción.
Imaxinai unha frase: non se está en ningún sitio como na ghalleira.
Esa frase é falsa, claro. Que me desculpe a diáspora.
Hoxe, nun infernal día de traballo (que prosegue) batín dúas veces coa realidade máis obtusa da ghalleira. Houbo tanto aqueloutre que nin tempo tiven de chamar a Iberia. Menos mal que esta finde marcho pra valencia. En coche.
Jacarezinho mira como posteo por riba do meu ombro. Sentencia: terapéutico. Menos mal que ri.

flutuación
iopanda conta moitas cousas de estremadura e restaurantes chineses durante a cea. O día remata, e aínda me agarda un plus laboral na casa, ademais de retesías con 12Uvas polo tamaño da provincia de teruel e cousas varias.
discuto con dukakis, pra que espabile, anque me doe.
lembro unha cousa que vin hai uns días nun blo portugués: como facer que un gato flutúe. Cousas como esas merecen este esforzo que ás veces supón respirar.

kate e o CNI
Apenas teño uns minutos pra min hoxe. Así estou blogueando a deshora. Pero Berlín mándame un agasallo marabilloso. Explícase el así (extracto): Aquí está o ambiente tomado polo glamur da berlinale. Non se pode un subtraer á presenza de tanto actor, tanto director, tanto espectador... tanto é así, que decidín rodar o meu propio filme. Dada a miña teima dos últimos tempos por sri lanka, decidín que esa sería a ambientación da miña creación. Mándoche unha ligazón do tráiler para que me deas a túa opinión. En VO lexendada, comme il faut.
E velaí. tarda unha miga en cargar, síntoo. Por suposto, non vou responder a pregunta.
Só engadir unha precisión, berlín, dende o maior agradecemento: Ceilán está no concello da Baña, e nesta web todas as fantas do mundo.

8.2.04
cirurxía
A 12Uvas detectáronlle de moi cativo diversos tumores no pescozo. Desa extirpación, realizada en varias cirurxías, quedoulle unha cicatriz que lle percorre a gorxa de lado a lado e que me causaba inquietude e misterio ao comezo. Repaso parellas do pasado: Fufli tivo grandes problemas respiratorios no postparto. Con tres anos, a Cuatrero sacárono a última hora do quirófano, cando o ían intervir por un desaxuste no nervio óptico que lle facía ver dobre e retorcer a cabeza. A min mesmo fixérome unha adenoidectomía sendo un pícaro.
Os vellotes da compracencia episcopal teñen aí un argumento prá pescuda: a anestesia temperá e a homosexualidade.
Tamén podemos descartar a anestesia e centrarnos na sobreexposición aos focos cirúrxicos. Aí aparece a conexión co glamur.

burguer caló
Na tarde do sábado viñeron Ferre e María visitarme e aledarme a cabeciña. Faláronme da súa casiña e quedamos pra ir ao teixedal de Casaio a finais de marzo.
Despois ceei con 12Uvas no burriquín: di el que os xitanos composteláns acoden en masa ao mcdonalds, e que teñen tal habelencia pra pedir que realizan todas as mac-combinacións posíbeis pra obter máis ao mellor prezo. A eles gústalles iso.
Hai tempo que non falo do pantano. Lémbramo 12Uvas. Non sei se afundo, pero en calquera caso sei que non me movo, e na base do meu caletre creo que iso non é positivo. Deixémolo andar.

o estilo deste mundo
Miro o zapin do plus e os monicreques, e síntome atrapado. O mundo de fóra é moito máis moderno e interesante có da tele, que en realidade é o real. Un artigo de verdú aluméame sobre a teoría dos accidentes e a comunicación. Os medios de comunicación converteron de tal xeito a información en sensacionalismo que agora a realidade imita os medios e preséntase mediante sorpresas.
Por iso marchou Lotina, incapaz de nolas dar. Por iso inda non sei a quen votar.
Xamais detectamos tantos sobresaltos sucesivos, pero ¿quen dubida de que este é precisamente o estilo do mundo?

7.2.04
día pra namorar
Hoxe é un deses días en que podo namorar a cada instante. Neses días coincide tamén que me dá por chorar lendo os deportes do xornal (hoxe ao mirar esta foto de Oliveira). É un rollo que me pase en público, pero ás veces acontece.
tomei un vermú no bar ese que está preto da miña casa, pra mirar pró barman. malpocadamente, parece pouco intelixente e pouco habelencioso. É a segunda vez que me bota unha cunca de caldo por riba en dous días. se cadra póñoo nervioso. Non o creo.
menos mal que chegaron jacarezinho e audrey para tirarme desa pousafolía.
disposto a namorar, agardo na casa, e traballo. Kate, será mellor que hoxe non me chames, pois namorarei.

panis et pirolas
Vaia rebumbio que se armou por unha teta. TodoNada fala ampla e atinadamente da cuestión. A miña referencia no imperio comenta outro tipo de censura sexual. Nas teletendas estadounidenses venden, como non, trebellos pra alongar o pene. O que lle chama a atención a Wonderboy é que empregan toda caste de eufemismos pra non dicir pirola, nin pene, nin sequera membro... Pretenden estirar esa parte do corpo masculino, se o meu poorenglish non me falla.
Non lembro a linguaxe da teletenda ibérica, pero procurarei estar atento a ver se lle chaman ao pan pan, e á pirola pirola.
Por certo, wonderboy enzóufase despois no seu post nun estéril debate sobre tamaños. Négome a comentar tal cuestión e alimentar con morbo este blo. ;) Pra iso tedes o blo dun inglés que vive en Nova York e conta como lle foi con táboas de exercicios pra estirar o pixo.

5.2.04
eles
peke pregúntame por meil sobre os estraños costumes dos piollos patos e descubro que, esquecidos da national geographic, son elementos escuros da historia humana. Acúsanos falsamente de habitar lugares pouco hixiénicos, por exemplo. Outros atribúenlles máis vidas ca aos gatos, cando en realidade non poden vivir en canto se afastan das zonas púbicas.
Son seres diminutos que se alimentan do sangue doutros. Coma os blos.

impotencia
ando moi atarefado. penso esporadicamente en kate, pero o traballo vence. vou tomar unha breve cervexa con jacarezinho e perreo durante longos minutos co barman, moreniño e xeitoso. O bar, xa o coñecedes, está preto da miña casa. Agora iniciarei ese ritual marabilloso de aprender horarios, tomar tóspiros inútiles, gastar horas e horas en procesión de anacos de empanada, olivas e manises. Oh, meudeus, pode haber mellor maxia?
Ao mesmo tempo, recibo o agardado correo de henri. Namorou dun rapaz de zaragoza ao que só coñece por internet. Dime que non conte. Serei respectuoso e calarei. Pero non podo evitar a frase máis nidia que vin nunca sobre o absurdo da vida: ¿por que vivindo no estranxeiro máis paradisíaco, rodeado de guapos e listos internacionais, teño que colgarme dun tío de zaragoza que ademais ten unha morea de problemas económicos e familiares que lle impiden vir verme?
anque non é verdade. a representación máis nidia do absurdo da vida vina o outro día na tele. Un matrimonio maduro fálalle á camara. Ela di que só le poesía medieval portuguesa. El di que prensa deportiva. Pero nunha cousa están de acordo, van mirar de amañar os seus problemas sexuais. Non dou lembrado a web, e pregúntome se nela aclararán quen causa maior impotencia: o marca ou don dinís?

diaños
atopo dous reintegracionistas con sentido do humor (!), e sácanme prá fala este blo. Din que é críptico. Ao tempo un deles tira dunha bolsa un libro de kapusciñski que vén de mercar. gracias a min, din.
Jacarezinho aponme que son un vaidoso, pero esas cousas non me molan. As balas estánse saíndo da súa natural traxectoria. Cárgaas o diaño.

entomoloxía
Jacarezinho corríxeme: o po que desprenden as ás das bolboretas non é po, senón escamas.
é difícil empregar a entomoloxía cando entre os catro ou cinco lectores hai un especialista na materia. heime de pasar aos anfibios, na espera de que andemos escasos de anfibólogos.
como despedida de discurso bicharraqueiro, comentarei que fun esta noite a un concerto dun grupo catalán, máis ou menos xperimental. Chámanse pole pole. Na radio dixeron que tocaban con instrumentos autoconstruídos, pero afortunadamente non chegaba a tanto. O caso é que nunha das pezas se facían acompañar dunha couza. Dirixiron o micro cara a un pedazo de madeira e sentíase un tristristrís que empregaron de base prá melodía.
Jacarezinho, é iso posíbel? observaches nas túas pescudas a existencia de couzas musicais?
No resto, recibo fermosos correos de Fufli, de 5Line. En troques agardo un de Henri, que non me dá contado do seu último namoro en oxford. Comezan a botar formigón na miña rúa. O parte di que marcha esta primavera de dous días. Volve, porfis.

4.2.04
deslumbre
Día demasiado intenso. amenceume na AP-9, co ceo vermello sobre os campos de abegondo. O traballo foi unha carreira de crispacións. Tarde, bastante tarde, merco unhas margaridas e un tulipán e saio de ferrol. Vexo unha mensaxe: hai cita con Kate. Non me dá tempo a chegar: poño un CD de suc, e a Lola en dúas rodas. Esfarelo coa presión, e a miña rúa está tomada por furgóns da policía. vertixinosamente comprobo que as almorrás resucitan e 12Uvas fálame da teimosía dos piollos patos.
Desamañado, nervioso, acudo á cita con Kate. Ata Jacarezinho me di que estou estraño. Resístome brevemente a cear, anguriado, e cando vexo o polo ao curri con arroz lembro as almorrás. Catástrofe orgánica e sicolóxica.
Podería facer un post eterno sobre kate. quizais sexa mellor gardar silencio. Pero cando vou prá cama noto unha fina capa de po nas paredes do estómago. É das ás das bolboretas.

os luns ao blo
Todonada aconselloume un día meterlle estatísticas a este blo. A función era primordialmente saber qué tipo de estrañezas guglea a xente ata dar con isto. Hai, por exemplo, moitos sudamericanos que buscan 'balas'. Agardo que queiran empregalas contra si, pra que non se derrame a pescuda. Tamén alguén, probablemente un filólogo, buscou 'arrombadas'.
As estatísticas tamén contan os visitantes do blo. Os récords acontecen o luns. Bloguearei máis paveramente no domingo? Dubídoo. Penso máis ben que o terror aos luns fai que reinvistades a plusvalía empresarial de xeito alternativo. Afortunadamente sodes tan poucos que zaplana non me toma en consideración.

2.2.04
champán
Teño que recoñecer unha catástrofe. Como non son intelectual cito mal. En realidade, o dos xornalistas campesiños e mariñeiros non é de berger senón de, meu deus, benjamin, citado por berger. Os relatos nacen de dous tipos distintos de narrador: un é o que ten que viaxar lonxe de casa pra atopar feitos e relatos, o viaxante de comercio, o mariñeiro; o outro o campesiño, o que queda na casa apañando lembranzas e transmitíndoas.
E a de kapusciñski si era dil: existen caracteres reflexivos e caracteres que reflecten o mundo. Hai escritores, coma Berger, que posúen o don da reflexión. Como xa se dixo, pódese ver todo o mundo sen abandoar a nosa habitación. Isto é típico dos caracteres reflexivos, que atopan inspiración en si mesmos, no material que teñen en si (...). Este é un tipo de literatura. No meu caso, pola contra, reflicto o mundo: teño que ir ao lugar dos feitos pra poder escribir.
prégovos que me desculpedes o erro. e que desculpedes este post tan impertinente.

1.2.04
infraestructuras
Vou a ourense en paralelo coa autoestrada de dozón. Lembro a típica sondaxe das coitas que preocupan a españois e galegos: a procentaxe que cre un problema as infraestructuras é moito maior aquí ca en hespaña. Sen embargo, teño a impresión de que as estradas son aquí máis e mellores ca en ningún outro lado da península e temos tres aeroportos internacionais en 200 quilómetros. Polo tren... dubido que a alguén lle inquede realmente canto tarda o expreso en chegar a irún e si cando sobe a paisana das mantecadas.
A xente reproba a xestión do golfiño de lalín? Ou pola contra esa inquedanza nazonal é expresión dun cuiñismo xenético?
Aplícolle a lei marxiana e sáeme un aserto terrorífico: as infraestructuras perviven para alén da desaparición da estructura productiva.

nin polas cachas de mostovoi
diversos problemas técnicos impedíronme ir ver ordorika, e quedei na casa coa goyigala. O artisteo pechou filas ao redor de Medem, en especial o noso luguesiño máis xeitoso, mentres a menestra retorcía na butaca. tosar tamén lle mandou elegantemente unha pescoceira a fraga. Polo demais, e frivolizando, recolleu o doncelidonio do cine un premio que me afecta directamente, rossydepalma saíu cun ?kompassion de calcomanía nas tetas, e eu caín namorado dúas veces: unha, de eduard fernández, pero só por foder a Todonada, e outra do mexicano que presentou a gala. Se di unha vez máis que volta 'después de los comersiales' collo o coche e arranco pra madrid.
hoxe, na gasolineira, miro a portada da coz. Fala das protestas antimedem. Ao longo do día actualizan a web destacando que medem regresa á ficción tralas críticas e que (atención!) non gañou o goya ao mellor documental. Tamén, máis abaixo, falan dun tal tosar. Xa poden regalar o dividí de mostovoi duchándose en balaídos, que non volvo mercar a coz.

yellow
vou a ourense. solea a pedazos. escoito o rimadoiro, con versos que acaban en farlopa. as mimosas ábrense á estrada e coan o recendo pola grella frontal de Lola. Se non fose sinusítico sería unha das mañás de domingo máis fermosas do mundo.

chegar aló
acabei o último libro de kapusciñski que me prestara Peke: 'os cínicos non valen pra este oficio'. Inclúe un extasiante zugamento de pirolas entre John Berger e o polaco. berger distingue entre os escritores campesiños (=residentes), coma el, e os mariñeiros (=viaxeiros), coma kapusciñski. kapu retrúcalle distinguindo interiores (que buscan en si a súa materia) de exteriores (que a buscan fóra). Poderíase trazar unha blogobara en galiza que separase interiores de exteriores? Todonada é exterior, mariñeira; contra é interior e campesiño. Manuelgago? Cabrafanada? Declaren as súas estirpes.
Anédota do libro: pregúntanlle a un neno dunha decadente cidade industrial do norte de inglaterra como se imaxina no 2015. Non creo que chegue aló, responde.