<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

5.2.04

entomoloxía
Jacarezinho corríxeme: o po que desprenden as ás das bolboretas non é po, senón escamas.
é difícil empregar a entomoloxía cando entre os catro ou cinco lectores hai un especialista na materia. heime de pasar aos anfibios, na espera de que andemos escasos de anfibólogos.
como despedida de discurso bicharraqueiro, comentarei que fun esta noite a un concerto dun grupo catalán, máis ou menos xperimental. Chámanse pole pole. Na radio dixeron que tocaban con instrumentos autoconstruídos, pero afortunadamente non chegaba a tanto. O caso é que nunha das pezas se facían acompañar dunha couza. Dirixiron o micro cara a un pedazo de madeira e sentíase un tristristrís que empregaron de base prá melodía.
Jacarezinho, é iso posíbel? observaches nas túas pescudas a existencia de couzas musicais?
No resto, recibo fermosos correos de Fufli, de 5Line. En troques agardo un de Henri, que non me dá contado do seu último namoro en oxford. Comezan a botar formigón na miña rúa. O parte di que marcha esta primavera de dous días. Volve, porfis.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?