<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

4.2.04

deslumbre
Día demasiado intenso. amenceume na AP-9, co ceo vermello sobre os campos de abegondo. O traballo foi unha carreira de crispacións. Tarde, bastante tarde, merco unhas margaridas e un tulipán e saio de ferrol. Vexo unha mensaxe: hai cita con Kate. Non me dá tempo a chegar: poño un CD de suc, e a Lola en dúas rodas. Esfarelo coa presión, e a miña rúa está tomada por furgóns da policía. vertixinosamente comprobo que as almorrás resucitan e 12Uvas fálame da teimosía dos piollos patos.
Desamañado, nervioso, acudo á cita con Kate. Ata Jacarezinho me di que estou estraño. Resístome brevemente a cear, anguriado, e cando vexo o polo ao curri con arroz lembro as almorrás. Catástrofe orgánica e sicolóxica.
Podería facer un post eterno sobre kate. quizais sexa mellor gardar silencio. Pero cando vou prá cama noto unha fina capa de po nas paredes do estómago. É das ás das bolboretas.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?