<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

30.6.06

mencer
A organizacion dispuxo que era boa idea erguernos as cinco pra ir ver o mencer dende o curuto do monte Ghronos, o deus do tempo que vixia a antiga vila sagrada de olimpia.
Ainda non espertaran as acinheiras bicudas, nin os pinheiros, nin se levantara a poeira que ergue o dia. Estabamos en marcha, en recua, pola estrada. Axinha se nos engadiu un cadelo canela, correndo adiante e atras pola beira, entre as pernas nosas, sacando o fucinho polas adelfas. Logo do primeiro quilometro viramos a dereita, apartandonos da estrada pra iniciar as primeiras ramplas.
Coa vista posta no caminho costento, e 'a espera da alba, sentimos un blast 'as costas, e logo un ai, ai, ai... ai, ai... ai. E finalmente un ai.
A alba 'e sempre a hora mais traxica.

27.6.06

eros
esmo tempo que avanzan as conferencias, os partidos de pumball, os grupos de discusion, as excursions pedagoxicas, os partidos de volei, os partidos de futbol, a piscina, a socializacion, os partidos de pimpon, os debates e a codificacion/decodificacion linguistica, vanse perfilando os grandes bloques do amor.
Eu, sen atopar a moa do meu xuizo, debatome entre entrarlle ao monitor grego ou ao fotografo, unha vez que o maldiviano (islamico) e a eslovaca (lesbiana) quedan fora da minha man.
O actor porno hungaro xa amartela nunha princesa cazaxa que viste de riba abaixo de dolcegabanna, da tenda de dolcegabanna en alma-ata.
Tamen bebemos frappe e escoitamos como pasan os dias e as frechas por baixo do rinchar das chicharras.
francofonia
Por estas cousas da vida hai moitos anos escollin frances na escola e gocei ata esta altura de moi diversas vantaxes e inconvenientes por causa desta eleccion precipitada. Aqui o meu grupo de francofonos, malia empregar unha das tres linguas oficiais, son unha franca minoria. Hai moitos mais anglofalantes, mais grecofalantes (tamen oficial), mais espanholfalantes, mais alemanfalantes e mais sinofalantes. A francofonia unica, 'e dicir, a daqueles que non poden empregar o ingles, reducese a costa de marfil e o mali, mentres que o benin e o xibuti ainda lle pegan ben 'as duas, ao igual cas mozas romanesas e xaponesas, redutos tradicionais da sua resistencia no sector dos bos costumes.
Poren, eles, os galos, alleos a toda a ecrasante decadencia, continuan a beber pastis.
lusofonia
Como non podia ser doutro xeito, eu son o verdadeiro motor da lusofonia aqui. O portugues e os dous brasileiros parolan pouco entre si e por suposto pasan todos tres do preto caboverdiano e do suizo guilherme.
Eles, copmo de costume, ignoran que exista galiza, que falemos o que falamos e que formamos parte do diasistema. 'E mais: se falo 'a galega pensan que estou a falar espanhol, do cal se deduce que numa numa iei. Miro de falar con eneagas, por se acaso.

22.6.06

20 minutos
Temos 20 minutos ao dia dunha conexion extremadamente lenta, asi que as ligazons iran manha ou outro dia. Olimpia, en verdade, esta na outra punta do planeta.
Arrodeados de chicharras e alciprestes, erguemonos 'as seis e media para facer deporte. Logo prosegue unha recua interminabel de saladas gregas, conferencias de senhores importantes, actividades de campamento, partidos de mundial e asi.
Xa embarquei o frisbi do meu novo companheiro, un xogador de hoquei sobre xeo canadiano que parece un xogador de hoquei sobre xeo canadiano, por riba dun tellado. Prosigo a minha campanha de descredito. O sexo corre dun lado pra outro, pero de momento non o prendo.

21.6.06

samaranch
A xornada de onte marcaba o comezo oficial deste choio. Asi que en boa hora subimos pola fresca ao outeiro Pnyx, enfeitados coas chaquetas de todas as vodas de aqui ao belice (ben, o de belice non; non lle cadraba a chaqueta coas rastas). Arriba agardaban por nos o ministro de cultura (anxela, estranhamoste), o alcalde de atenas e joan antoni samaranch, un vellinho xordo que nun tempo foi franquista en barcelona e agora xa sempre vellinho carinhoso e amabel que aguanta paciente as fotos dos douscentos. Arrecende a oliveiras, e baixamos cara a un clube sobre o exeo. Ali xantamos cos nosos traxes de gala viandas gregas de gala, bebemos o vinho que nos cadra, compartimos chistes de galegos con iberoamerica, e bailamos shakira, madonna e moito moito moito regueton.
Hoxe, ao erguerme, atopo que o deus do estadio que durmia no meu cuarto ateniense tivera sexo no banho durante as minhas horas de sono. Nunca ata o de agora me cruzara cun king size. Agora sei que existen.
sfaires
Hai alguen na sala que poida dicirme se o acusativo das tuas balas 'e o que puxen aco? Pregase confirmacion ou rexeite.

20.6.06

convivencia
Finalmente, o choio este que vin facer non esta a sair mal de todo. A socializacion con 200 paisanos e paisanas de cen estados distintos (por parellas, como na arca de noe) 'e prudente e pousada. Unha melindreira galega 'a que todo lle son noxos, un portugues, un brasileiro e dous arxentinos respondendo aos topicos (neste ultimo caso, ata limites indescritibeis: apelidase bugallo castro e naceu en pontevedra), pretos, brancos, belidos orientais, unha florinha honconesa, unha minoria minorisima francofona (na que estou anotado), un xogador de rugbi frances co que comparto habitacion e ao que non lle fan moito chiste as alusions aos deuses do estadio, un mocito hungaro saido claramente dunha peli porno hungara...
Os primeiros dias non hai tensions: asi acabo repasando a discografia de eros ramazzoti cun romano de libro e un portorriquenho: logo botanse ao regueton e finalmente 'as obscenidades sobre unha simpatica e prezosa rapariga checa.
Hai xente, ademais, 'a que non entendo.

linear B
De todas as cousas fermosas coas que bato esta manha na visita 'as ruinas da autentica-atenas, por riba dos kuros e das kores coas suas grenhas recollidas, por riba da faciana perfecta de antinoo (que segue sendo o "amigo" de hadrian), por riba do neno africano dacabalo ou do cu de poseidon, por riba de todas as mascaras douradas de agamenon e de todos os ollos esluidos das cariatides, ainda por riba de todo iso, estan as plaquinhas onde figuran as unicas palabras escritas en linear B.
Poren, e malia a sua beleza, a guia pasa 'a carreira e sinala que non 'e unha verdadeira escrita, porque so son listaxes de cousas. E micenas regresa ao esquenzo, coas suas listaxes de cousas.
atenas
Dende un teclado grego e a uns prezos fixados pra turistas, tomo un frape e posteo (sen tiles) sobre como de marabillosa 'e esta cidade de verdadeira-atenas.
Nesta segunda vez que venho nada pareceu mudar. Seguen as tendas de bershka, os postos de quebabs (guiros), os coches sen matricula e os motociclistas sen casco. Seguen os soldados da garda, fermosisimos, e segue este recendo a especies e laranxas que tanto me lembra a dakar, pero en tranquilo.
Onte 'a noite, no primeiro voo de reconhecemento sobre as ruinas, quedaba esa temperatura de treboada e suor que lembro dende cativo, pero en humido. Quizais por iso, porque me lembra a infancia (o que comeza a ter importancia), ou quizais porque ten unha harmonia de modernidade e caos que coincide co estado do meu escritorio vital, atenas 'e a minha cidade preferida.
Con moita diferenza. E aqui quereria pasar os meus anos vellos, se os hai.

16.6.06

hellas
En cousa de oito horas estarei apañando un avión que me levará ata a verdadeira atenas, cunha breve escala en ciudad-ajo e parque-temático-cervantes.
O luns, se atopo un computador alá ou acolá que teña un teclado de caracteres latinos, postearei e mudareille o nome ao blo: tas sfaires sas, ou algo así (prégase confirmación ou rexeite).
Se non fosen as catro da mañá, se non tivese que facer aínda unha bolsa de viaxe e se non me quedasen pendentes cousas importantoides de curre e a declaración da renda, prás que a cabeza e o lombo non dan máis, contaría por que creo que grecia é o país máis rematadamente wai que atopei no que levo de contaquilómetros. Agardo ter tempo nas vindeiras tres semanas.

15.6.06

comezo

Pecho flocos laborais de madrugada, porque dentro dunhas horas estarei viaxando cara a grecia. Conecto o ipod e íllome do que sucede fóra. Pero axiña comezan a chegar os mosquitos, primeiro aos poucos, e logo en lexión de todas as castes e especies, choutando e rebulindo por riba do meu computador: sínfanos, mosquiñas, boureadores...
Pola fiestra aberta o ceo creba e alumea contra o bochorno. Chove pingóns. O vrau está aquí.

13.6.06

conversión
A miña vida pega un pinchacarneiro: a Iop agasállame un iPod nano.
nunca máis
Vemos aquí na dos yáñez a estrea de 'Somos unha potenzia', unha especie de programa de fuentes pero con carlos blanco. E como vén sendo habitual mantéñense as constantes dos últimos programas da galega: mala iluminación, patético son, falta de ritmo e graza escasa e pouca. Que se salva? Os convidados, cun arsenio que sabe o que é facer televisión e unha gandeira de friol (señora dosinda), que debería formar parte do equipo de presentadores.
Desesperoume ese discurso de nacionalismo de folla de carballo que ignora que gañamos as eleccións, pero sen dúbida o peor foi a anacrónica despedida de carlos blanco: "nunca máis, boas noites". Pois si, efectivamente, nunca máis.

12.6.06

ópera
Mentres nunha fermosa illa a intelectualidade cruzaba beizóns entre si pra poder espelexarse ao día seguinte, eu ía á ópera a ankara. Levaba seis edicións seguidas asistindo aos xerais, e ao saber que non tiña que currar, encomendei dende a distancia as miñas apostas literarias ao Xeladeiro, que sabe dos meus gustos.
Eu non vou nunca á ópera, así que fixen un exercicio de disimulo de ignorancia e entendín que se o público aplaudía máis o diañoheroe era polas virtudes interpretativas. A peza era o Rake's Progress, de stravinsqui, e a escenografía era do polémico calixto bieito. Non defrauda: hai unha boa cantidade de paisanos e paisanas fodendo sobre un escenario de inchábeis, que a min non me escandaliza, pero que me distrae abondo da trama principal. Cómo podo estar pendente das arias finais se a catro metros de min hai un rapaz lindísimo masturbándose por baixo do chándal?
O mellor foi, sen dúbida, a cea e os llintónicos con jacarezinho e audrey, que tamén estaban aló. Despois á volta, nun descoido mentres alboreaba, remato a palla pendente da ópera cun chavaliño hipercalado, no coche, nunha rúa calquera do centro.
mundial, 1
Aquí estou, aproveitando a conexión wifi de cas Yáñez, onde aínda louvan as virtudes papatorias de martinpawley. Ao fondo, italia e gana desputan un partido tenso, intenso e elegante, e polo de agora empatan a ceros e igualan a perigos. Corrección: 2-0 a prol dos azurros, ao final.
Na memoria quédanme algúns relampos dos fragmentos que levo visto, alancadas, xogadas de risco, caídas, tarascadas dun xogador de todas as seleccións, comentaristas etnocéntricos, árbitros erguendo os brazos en dirección á meca, torcidas, estadios fabuloso, e sobre todo, peles tersas de homes de vinte, suadas, cadaquén coa súa beleza.
Comentario futbolístico: ollo á república checa.

9.6.06

vidiña
Nunha noite parva, nun viño improvisado, cámbiache a vidiña volta por volta.
E non, non estou entre os blogueiros candidatos ao xerais nin lle estou concedendo demasiada importancia á trabadela dun becho que me inchou a fazula.

8.6.06

clasismo
Festexemos o día do trol.
orgulloso dos frikis do meu país

O autor, xa o coñecedes, Edilberto Alonso.

6.6.06

estamos aí
putas, poetas & canarias
Tres saloucos, que non hai folgo pra máis:
1. En relación co post das putas, un novo debate: quen é da uxt e quen de cc.oo? E sobre todo, que pensa a cig da prostitución?
2. María do Carmo Kruckenberg fixo 80 anos. Fíxoos cun intenso labor de compromiso coa lingua, íntimo, sen pegar carteis nin encadearse ás portas do xulgado, como un modelo perfecto pra esa esa xente que non somos. Non haberá xeito de que a cadeira sobrante lla ofrezan a ela? Dende aquí inicio xa unha campaña co convencimento de que ninguén me seguirá, e esas son as máis belidas: europeas de vigo, á Academia!
3. As últimas novidades da negociación laboral de Barataria prognostican tregua cando menos ata setembro. Por se acaso, xa repartimos as illas e os perfís do bakala: levante pra min, e deitante pra el.

1.6.06

canarias
En paralelo a uns desgrazados acontecementos, a Barataria ofrécenlle a posibilidade de traballar nas canarias. Máis quilómetros de avión en troca dunha vida nova.
A escola que dirixiría, con dobre sede en tenerife e nas palmas, é unha boa oportunidade pra sementar en terra de promisión. Nesa oportunidade aínda non sei se eu tería sitio. Creo que non, que Barataria prefire a soidade dos campos de cotón, pero aínda non hai nada seguro.
Ante a epidemia que se estende entre os monequiños de famóbil, penso que quizais canarias sería unha solución estupenda a moitos problemas inmobiliarios, laborais, persoais e climáticos. E xa vai sendo hora de construír dunha vez o blog dende o exilio.
erro
O problema dos 954,53 euros debeuse, como era previsíbel, a un erro involuntario, neste caso producido durante a transmisión dos datos dende a xestoría a Facenda.
Subsanarase.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?