<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

12.2.04

formigón amado
cervo. ferrol. a coruña. ribadeo. oleiros. peto e peto no mar do norte e tento divisar ao lonxe o banco de Cortez, do que fala vendell.
Atopo a su-sanidad tomando auga mineral sen gas nun hotel rechungo, cunha señora peposa, de corenta. A auga, supoño, debe ser consello de torreiglesias.
Miro pra ese mar que está detrás do exministro; paso as horas mirando pra el e debatendo sobre pequenos e grandes proxectos, sobre cousas inverosímiles... Cando tento explicar o traballo á familia entendo o significado da palabra absurdo.
Sen embargo, nestes días ateigados recibo moitas cousas positivas. 5Line mándame novas dende andorra: deixou a tenda de armani, cambiou de piso e coñeceu un emigrante portugués chamado Náni. Que tedes os da coruña cos tugas? Precisamente berlín manda dous fotoblós de fráxiles macizos brasileiros: que se supón que debe facer un mozo? e quería estar contigo.
Tatexo diante do teléfono, volcado sobre o número de kate. Ao final non o marco. Fáltame vagar e sóbranme ganas de caer namorado.
Saio á fiestra da casa pra ver o avance das obras. 12Uvas está ao cabo de movistar, pecho os ollos e son a persoa máis feliz do mundo. Leva un par de días sendo xenial, pronunciando os mellores asuuuuuuurdos da súa vida. Na rúa xa meteron o formigón.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?