29.11.04
que non
Hoxe foi un día moi divertido. Lévolle dando ao caletre á conta de todos os comments que se deixaron por aquí e por outras partes, con moitísima graza.
Orixinalmente, tiña reparo a anunciar a despedida. Atopo de moi mal gusto eses posts de rotura de chiculateira co espazo debaixo pra recoller mensas de "porfis, porfis". Demasiado pró meu ego. Así que pensei en borrar todos os posts, todos, e meter un só, sen comments. O título, o único decidido, era 'conclusión'. Esa foi a idea durante o luns, o martes, o mércores, o xoves e o venres.
O venres, o día do cabodano, quedei durmido demasiado cedo: ás 6 da tarde. E o sábado, ao espertar catorce horas despois, e sentar diante do ordena pra facer a lista de comentadores, xa intuía que algo non estaba saíndo ben: se mahoma non quere que vaias a Touba..., dicíame yoyo diaw.
Así que co post tentei dicir claramente iso, que me arrepentira.
Polo visto, agás un par de excepcións, o mundo entendeu ao revés. Mesmo, teño que dicilo, cun certo sentido da alegría: todos parecen estar de acordo en que esta é unha etapa que rematou.
Glubs. Incluso reglubs.
Toda a escala de valores estáseme remexendo. Flutúan o ego e a vaidade como a burbulla dun nivel de albanel no interior da lavadora. Pois non. Hoxe non, e onte tampouco. Anque empece a acreditar no cripticismo. Anque bata morbosamente o récord de visitas.

grous
Estou na xanela do coche, coa cabeza fóra. Apunto cos prismáticos ao escuro, pero non podo ver nada. Chega o fresco do solpor e un recendo a lama e a herba seca. Un fortísimo ruído vén de fóra: é un turrintrompido constante, multitudinario. Alá, nas sombras, hai centos de grous, repoludos, altos, maxestosos.
Levo anos desexando cumprir o soño de ver centos de grous nas chairas aragonesas. Desta vez só os escoitei, e foi marabilloso.

maldade
Volto de Big-Maceda, e fágoo por portugal: alcántara, castelo branco, sertã... Xanto un xenial cabrito con grelos asados en Condeixa. Percorro despois o cento de quilométros que hai de Coímbra ao Porto a unha media de 30, totalmente abafado, cos nervios a piques de esmagar o seguinte toyota de 1970 co que me cruce. Así que decido refuxiarme no serralves.
Non teño moi claro por que me entusiasma Bacon e por que, paradoxalmente, Paula Rego me produce tanta repulsión. Quizais porque o que é calma dorosa nun, é maldade pura na outra. O conto da carrapuchiña, por exemplo, é así, e todos os personaxes son totalmente perversos: a nai, a avoa, o lobo, carrapuchiña. Todos teñen algo que agochar, algún interese malévolo.
Pero hai que ir ver esa marabilla de maldade repulsiva, e de paso, deixarse caer polos vídeos de Tacita Dean ou as postais mariñeiras de Susan Hiller.

27.11.04
conclusión
Onte fixo un ano que comezaron estas balas.
Tendo en conta a confluencia de razóns, incluído o comentario de Pawley :) , a miña idea era pechalas. Dispararon onde tiñan que dispararme, ata cambiarme a vida.
Pero o cansazo e os compromisos tiráronme ata esta mañá de sábado, e non puiden facelo en data.
Deste intento queda o post anterior. Como todos os días, anuncio á tripulación: entrando en pista para o exilio.

in order of appearance
María, Mary on the Bus. Ascárida. Goretoxo. Martin Pawley. Peke. 5Line. Rum, Ex-rum, Ro. Jean-Sol. O gnomo. Wonderboy. Sachadora. Berlín, Plattdorf. Sarabaras, Sarabalas. I Topo. EMF. Iria. Vendell. Contra. Henri. Iarrovawo. Paleon. Catu, Opaco. Turzi. Ex-alcólica. Willy. Boss. Jacarezinho. Xosé Manuel Méijome. DeliciousSolitude. Mound adeira, Mound. Fran Alonso. Magago. Spaviladiyo. Descalza. Caimán. Joaquim. Kate. Dot, Dot Cotton, Prisciliana. Xamataca. Honest Joe. Maiself. Fufli. Walter. Teaboi.Tenazas. Cavròn. Arturo. Subcomediante H. (m)alicia, alicia. Harpomeira. Eya. Neit. Florbela, Penélope, Klarisa Ivanova, Remedios a Cachona. Sabelita. Uxio. Teki. Duquesa de Brouvouard, Duquesa. Iop. Banyoshi. Circe. Pépi. Meninho. A Raíña da Canella. Shotokan. Dorfun. Fuso. Xosé Antón. Caladinha. Aldán. Anjos. Audrey. Depósito. O galo Camy. Ra. Cacique. Revelde. Princesa Fiona. Alex. Subcomediante S. Irreal in Tacto. Porquiño. Eu (nando). São Tomé. Enrique Santos Discépolo. Subcomediante FTP-R. Benito. Noname. Frank. E.... Pinacle. Eu (loli). Silvia (Plath). Fggago. Siloam. Sés. 20vacas, Alumno 000932. Jéssica Fletcher. anTa. Emereci. Aqui. Eye. Fran. -Lg. De faca na liga. El Belo. Avioneta Malabarista. ILGA pt. Gaiteiriño. Ardibeltza. Velaqui. Iam. Zeugreb. _Neo2_. Eu mesma.
Grazas. Todas as grazas.

life
Pinganobeizo, malia a contundencia da semana pasada, ségueme mandando mensaxes. Tres ao día. Correos. Quedamos ou facemos por quedar. Sorrime e mírame con ollos de año degolado, que supoño que son os mesmos co que eu o miro a el. Todo parece imposíbel, e porén parece que se vai tecendo por baixo un río de algo, que pode chegar a ser indestrutible. Quizais por iso me propoña, en broma, adoptar unha chinesiña xuntos. Asolágaseme o teclado, claro.
Neo2, ao que non podo darlle ligazón porque así mo sinalou claramente, non me asasinou aínda despois do post onde se falaba del. Quedamos pra tomar un café e seguimos en contacto. Anque unha estratosfera de quilómetros vitais nos separan, é tan fermoso e tan intelixente que supón un grave perigo prás miñas defensas.
As cegoñas seguen estroupeleando nesta mañá de sábado. Énchome a nevaditos.

blogmillo
Conferencio sobre literatura electrónica e blogmillo en Big-Maceda. Precisamente o día 26 de novembro. Falo de vostedes, de Contra, de Todonada, de Orballo, de Pawley, de Gradicela...
Léolles un post, o mellor do ano, e vólvenseme pór os pelos do lombo como escarpias: Coa tecnoloxía dunha PDA Palm, unido vía bluetooth a un móbil Sonyericsson Z600 usando redes GPRS podo escribir desde o hospital e comunicar ao mundo a seguinte información: Hoxe non houbo ninguén neste planeta máis feliz ca min. (segue).

débedas
Non foi sen aviso:
Dagha, antes (m)alicia: Pelos e cousas
Macnolo, antes chamado iam e antes mesmo ian: Dpaso.

unlife
Logo de durmir dezaseis horas seguidas esperto en Big-Maceda co estroupelear do peteiro das cegoñas. Saúdan o mencer en todos os tellados.
Esta semana foi pra non contar. Asfixiado laboralmente por un proxecto sobre os salmóns, tiven que facer unha viaxe á noite ata aquí (BigMaceda) e preparar unha conferencia sobre edición dixital e blogmillo. Había tempo que non conseguía estar tan esgotado.
Ademais houbo dúas pelis marabillosas. Camiñar sobre a iauga é un xogo sobre a memoria, sobre o meu avó fascista, sobre a tolerancia e a construción da paz anque sexa nun kibbutz. Plattdorf ten obrigatoriamente que ir vela: e non só polas imaxes do radiante ambiente de Tel Aviv.
Ninguén sabe relata uns feitos reais: uns nenos pequenos, moi moi guiados, son abandonados pola mai no seu piso de Toquio. E eles conseguen sobrevivir malamente, afundindo na miseria, durante meses. Pagaría a pena só por ver un recanto de Toquio pola que pasan cando veñen da fonte, ou o monorraíl, ou as contornas do aeroporto de Haneda. Ademais estarrece de crueldade, impotencia e posibilidade.
Tamén houbo unha masa crítica (50 persoas, todo un éxito) en humidtown. E tensións. E a clase de inglés dos martes. E. Agora, por un día, quédame a paz. E logo unha viaxe de 700 quilómetros tras a que comezará a batalla de novo.

21.11.04
cascallos
Pinganobeizo deixoume o campo sentimental a ermo, unha vez máis. Así que de pouco me aproveita nada do que fago.
Por exemplo, coñecer (moi brevemente) a c. e a Contra, o noso líder. Contra sorpréndeme pola súa incríbel cara valenciana e quedo coa dúbida de se non o confundirán pola rúa con Juan Sánchez. En loiro e moderno, claro. Apenas nos dá tempo a nada máis que a marabillarnos da vida do blogmillo.
Tamén lle fun dar o CD de Bambino ao bailarín que parara baixo a miña fiestra. É tan tan wapo e tan tan bo bailarín, que se o meu peito non fose unha rúa de Faluia estaría totalmente namorado. En troques sinto máis ben despreocupación. Nin lle apuntei o meu phone sobre o cedé.
Incluso remato o día na cama cun comercial de produtos químicos que foi á escola con Futuroscope (!). O ferrete quédanos totalmente catastrófico e insulso, pero era de agardar.
Non estudo inglés. Avanzo pouco no traballo. Non paso dun esquema prá conferencia do venres en Big-Maceda. Menos mal que estreo a ola exprés cun coello de antoloxía: autosmuac, autosmuac.

20.11.04
esaxeración
No terranova, ese café que se está a converter no café, leo unhas palabras máxicas. Días Wisława Szymborska.
Escribín un poema sobre a morte, pero sen esaxerar.
De feito a morte atácanos dende o momento en que chegamos ao mundo, pero non logra o seu obxectivo tan rápido. Unhas veces si, outras non. De todos os xeitos fai o que pode por levar a auga ao seu muíño. A morte traballa todo o tempo, arreo, pero as cousas non lle resultan doadas posto que nós vivimos e queremos vivir.
Xa pouco queda pra engadir.

desamor
Esta mañá érgome cunha mensa de Pinganobeizo, contundente: non, nunca, nada.
Sinto cómo estalan todas as cápsulas de vidro que protexen os meus termostatos. Derrubo nun pantano de máxima fraxilidade: este ano o amor foime esquío.

bambino
Así que, esfarelado, decido aproveitar unha lustrosa mañá de inverno pra facer os recados da casa. Deixo ao marchar as fiestras abertas sobre a rúa e o disco de Bambino a toda rolla. Cando regreso, tres horas despois e con dous ramos de margaridas na grella da bicicleta, vexo un fermoso rapaz ao pé da miña fiestra: está detido, escoitando bambino. Hoxe intervén nunha obra de teatro. Alí estarei, cun disco, pra el, gravadiño a 24x de espranza.

thanksgiving
Hai tempo que intercambio mensas cun rapaz de vilagarcía, sen vernos nunca diante. Estuda turismo en humidtown, e ten un nariz e un sorriso verdadeiramente arrampladores. Finalmente o xoves coincido con el: estamos nunha dj set de Belokan, e facemos uns cantos xogos de picardías de a tres que rematan, sen que me dea moi ben de conta, na cama del, no campus sur.
Ten un piso amplo, pulcro, demasiado pulcro. Unha soa revista neo2 enriba da mesa.
Neo2 (el alcúmase así) practica sexo dunha forma tan peculiar que me deixa atordoado. Nunca tal vin.
Teño tanta sorte por ver e tocar tantas cousas, por aprender todos os días algo novo, que debería crer pra poderlle dar as grazas a alguén. Ou a algo.

demarraxe
Alí estou eu, falando de harry potter, no garcía barbón da Cidade: é o primeiro paso da carreira curriculítica que teño que facer pra chegar a oxford. Estou tan tan nervioso como xa non lembro, pero ao final a cousa queda relativamente ben, malia deixar todo pró último momento.
O máis importante é que comezou un novo paso do proceso. E reafirmo: si, quero marchar.

música antiga, II
Estes días foron un auténtico agobio laboral e persoal: cando chego á casa ás tres ou catro da mañá, abro Os Herexes, de Chesterton, e leo catro ou cinco páxinas sobre os debates morais da inglaterra de comezos do século pasado, ata que quedo durmido. Esperto rápido, con catarreira, sen apenas respirar. Sei que estiven roncando toda a noite e rebéntame a gorxa de dureza.
Inda así vou ver, grazas a Ro, que me agasalla as entradas, O prado a chorar. Non é sorpresa nunha peli de Angelopoulos falar das grandes imaxes que crea, nin dos planos eternos de máis de 180 graos, nin das balsas na auga, nin do curso dos pótamos. Tampouco das tres horas de filme nin de que que boto unha soneca de media horiña ao comezo. Si o é dicir que ten a historia máis frouxa e desoladora dos filmes que lle coñezo.
E tamén vou ver, despois de percorrer humidtown á procura dun xogo de olas exprés, un espectáculo ben divertido e interesante: a irmá de Todonada e Gaiteiriño nun escenario, facendo algo que ben nos podería representar na eurovisión dos países felices. Sentados, de esquerda a dereita: Pinganobeizo, eu, Todonada e a Duquesa. Máis atrás Ro. Acabo a noite de foliada. Mentres Pinganobeizo baila e se divirte eu leo o morreo e falo cunha das persoas que máis admiro: o subcomediante H. Andan falando dun percorrido por humidtown no tren chuchú, en homenaxe a Andrés do Barro, o día da lotaría. A ver qué sae desta.

16.11.04
xigante
Totalmente agoniado co traballo, fago un respiradoiro e vou ver Convérteme no tamaño xigante con Eya. Á saída imos festexalo ao burriquín máis próximo, onde coincidimos con Snob Neurótico, que tamén viña do cinema. Divertida, e non demasiado desagradábel, faltoulle relacionar a proporcionalidade entre os EUT e a obesidade.
Despois regreso á oficina, ata ben entrada a noite. Ao erguerme, con moitirmo sono, sorpréndome pensando en Pinganobeizo.
Comezo a pensar que a mensaxe do outro día no móbil non era unha broma e preocúpame.

14.11.04
parábola
Non tiña moita ansia por manifeirarme. Estaba en desacordo coas solucións que se lle deron a NM nos últimos meses, coa súa inacción, coa súa persistencia, cos voceiros que lles foron quedando. Pero ao final, por socializar con Pawley e o resto da familia, fun.
Por que houbo tantísima tantísima xente? Pawley apuntaba: ao final vai ser verdade que isto era unha plataforma cidadá. Pois é, para escarnio dos que non o entenden así, tanto dun lado coma doutro.
Por que houbo máis xente que o ano pasado? A min ocórreseme algunha explicación. En todo caso, quen teña oídos que escoite. Quen teña ollos que vexa.

anacrócano
Enfadeime moito moito con Fufli. Xa sei que celebraba o seu cumpre, e que non era o día. Pero sacoume das celas. Había dous anos que non o conseguía.

joke
Recibo de mañá cedo un sms. Alguén, cun móbil que non recoñezo, dime que lle molo pero que non sabe se eu son gai (??). Ademais, que tampouco se liou nunca con ningún tío. Conmínoo a que se presente, e empeza a darme pistas: algo relacionado con 13 badaladas e con que nos vimos onte manifeirándonos. Despois cala e déixame co misterio e coa mañá do domingo. O misterio de saber quen é o que me gastou esa broma sabendo que sempre caio con todo o equipo.

efebos
Vou ver dúas pelis de internados. Unha é Os coristas, cousa linda e algo choromiqueira sobre a relación entre profe e alumnos na francia dos pantalóns curtos: un rapaz precioso, un par de historias bonitas e unha cancionciña de Rameau.
Outra, Saló ou os 120 días de Sodoma, de Pasolini. Fascinante, xenial, e algo caduca. Unha miga cargante polas escenas de coprofilia, é verdade, pero profundamente transgresora polo ridículo e non pola provocación. Pawley explícama despois, con certeza: afastado da fácil vida de foder-comer-beber, pasolini renega dos seus filmes anteriores e quere demostrar ata qué punto a humanidade pode ser perversa, malvada, terríbel.
Ai, se puidésemos regresar a esa hamburguesaría de Saló, Plattdorf...

12.11.04
música antiga
Por sorte, teño que seguir falando de Pinganobeizo. É un rapaz pequeneiro, precioso e de pelo crecho, que fala ben sete linguas (entre elas o galés), ademais dun pouquiño francés. Mólame abondo, e levo quince días camiñando co apoio das súas mensas e correos, ben paveras.
Porén, a outra madrugada, cando xa me ían arrubiando as fazulas da confianza, quíxenlle dar un bico de despedida e botou a correr. Derrubeime. Mais ao día seguinte continuaron mensas e correos sobre palabras árabes, nomes en romanés da xoaniña e citas posibles. Diante dun mencía trázolle o escenario: creo que está liado ou medio-liado con outro. Dime que si, un italiano, dende hai un mes: pero o italiano hai quince días que marchou e non sabe cando voltará, se volve. Acabamos o día nunha repichoca de gaitas e tamborís, bailando, mirándonos aos ollos e dicíndonos cousas lindas.
Queda por diante un gran campeiro de estratexias a verdecer.

2046
A paparota de cinema das últimas semanas é besta.
Goceina cunha peli grega, A política da cociña, que relaciona as palabras astronomía e gastronomía algo empallagosamente. Paseino moi ben, e rin, con melinda e mais con melinda, aínda que non fose a que máis me gustou de w.a. Vin tamén Contra a parede, toupeneei algo con nove cántigas, e algunha máis que creo que esquezo.
Pero sobre todo vin a fabulosa 2046. Unha historia de amor que vai, que vén, que se colle, que se perde e logo levanta, que sobe e se desprende, que agonía e renace: agora nunha baralla en singapur, logo nun lazo xaponés, despois nun rótulo de neón, sempre nun androide de acción retardada: entre o estímulo e o tempo de resposta xía o amor. Grazas, pawley, polo consello.

11.11.04
conspiración
Existe unha campaña segreda, probabelmente tecida pola Cía, para transformar a imaxe que temos de Turquía. Os estados unidos de texas queren que os turcos sexan o cabalo de troia que acabe de foder a unión e seguir cambiando hamburguesas por calzado chinés de elxe. Souben desta conspiración precisamente polo cinema, inzada ultimamente de mensaxes subliminais proturcas. Como ata Todonada se pon seria, pronúnciome. Non quero que entre turquía na UE porque:
1. Os UST queren que entre
2. Xeograficamente non é máis europa ca rusia (e non queremos que entre rusia)
3. Historicamente é tan europa como canadá ou marrocos (e non queremos que entre marrocos nin canadá).
4. Pensar que laicismo e votacións periódicas son sinónimo de democracia é un erro. A situación dos curdos ou un parlamento no que a porcentaxe mínima para entrar é do 20% si me parecen bos indicadores.
5. Turquía contribúe a desestabilizar oriente medio, non a pacificalo.
6. Un apoio e un compromiso co mundo musulmán debe pasar por palestina, chechenia e o sáhara. Non por turquía.
7. Xa coñecemos como actúan os seus gobernantes.
E non, non me van acusar de racista os que prohiben o veo nas escolas ou discriminan as relixións non-católicas en españa, portugal, italia ou malta.

cruel
Leo Vaiche boa!, un libro de Paul Jennings, un señoriño australiano ao parecer bastante habitual debaixo da cama dos nenos do mundo. Os contiños, que son bastante normais, teñen un puntiño de crueldade que espaventa. Máis cós nenos. Pero aí estan eles: son o neno do esterco, o que soterra a seu avó ou o que comparte cagadoiro na horta cunha pantasma.

novembro 03 - Avenue Cheikh Anta Diop
Hai un ano estaba asomado a un balcón, en dakar, vendo como os vellos cegos cantaban e chamaban á oración. Era ramadán.

9.11.04
reviravolta
Levaba días ateigados de vida, da primeira hora á última, mentres medraba en min pouco e pouco a ilusión por Pinganobeizo.
Onte todo cambiou nun repente. Inicio a costa abaixo.
Case non durmín esta noite mentres trazaba no aire análises sintácticas da súa última SMS. Ao erguerme, cunha dor de cabeza horrible por acumulación de suxeitos e predicados, rompo unha cunca e caeme o leite por riba.
Queda un aruxo de esperanza.

3.11.04
burro
Como preludio a unha debacle, fun con Pinganobeizo ver unha peli de burros, Ao azar, Baltasar, de Robert Bresson. O filme estaba inzado de imaxes fermosas coma o diaño, anque houbese unha extasiada calma, tan francesa, que enviciaba ás veces a historia. O burro Baltasar morre ao final: arrodéano as ovellas nunha camposa dos pirineos.
Ao meu carón estaba Pinganobeizo, moito máis guapo do que lembraba, acorado nunha bufanda. Á saída paseamos algo baixo a choiva canda un francés que fala o galego coma mil demos: así non houbo pasos falsos nin parvadas máximas. Non sei ben qué pensa Pinganobeizo pero non descarto a inxenuidade. En todo caso, eu non vibro, e non sei se por ser miñoca adulta ou porque non é o home. Ou porque si o é.

2.11.04
que farás, rascayú?
Por motivos laborais dou unha volta polo interior das provincias de ankara e walltown. Cando chega o solpor, decididamente pronto, polas fiestras esténdense os lameiros, case tanto altos como as nubes rosas. Na radio botan unha canción extraordinariamente fermosa que me fai lembrar cómo hai unhas semanas estaba na república checa, escoitando radio-nostalxia-praga, detrás dun skoda clásico, entre lagoas e cervos.
O meu copiloto naquel momento estrea blo: As crónicas prusianas, onde aparentemente capa e asubía. Xa non se chama Berlín; agora é Plattdorf.
Teño cita con Pinganobeizo nun par de horas. O partido esnartéllase. Bill Cosby vota. A vida segue.

1.11.04
internacionalismo
Hai uns meses, bastantes, alguén nos deixou na fiestra un sobre de comida prefabricada, pasta con mollo. O sobre, escrito en húngaro, di Tészta. Húsos bolognai szósszal, que debe ser algo como espirais á boloñesa.
Xántoos agora, mentres blogueo. A boloñesa húngara é algo peculiar pero un fiíño gastronómico técese entre unha pequena cociña en humidtown, unha fábrica fumegante nas ribeiras do lago Balaton e quizais unha oficina en Meerdorf near Braunschweig, Alemaña, onde a esta altura xa estará nevando.

pinganobeizo
Esta semana estivo ateigada de quilómetros e de cousas pra facer. Apenas lle quedou un anaquiño ao amor, ou ao sexo, ou a algo. Pero achégase por aí a sombra de Pinganobeizo, un rapaciño xeitoso que traballa no superpiñeiro ordenando palabras e significados. De momento trocamos correos e mensaxes e incluso unha cita pra pasear, cancelada por unhas febres.
Cantas veces verei o peito alumear?

devanceiros
Dígolle ao meu pai de ir ao camposanto, pois quero saber onde están os meus avós. Nin meu pai nin miña nai van nunca, e non lembran exactamente onde repousan os nosos devanceiros. Nun día soleado comprobamos que o nicho onde estaba o pai de meu pai, e inda os seus pais, desapareceu. Están desafectando pouco e pouco as tumbas, e converténdoas en baleiro (unha manobra urbanística, temo). Meu pai, que contaba coa posibilidade de que iso se producise, mira e remira perplexo. Dubida se se trabucaría de nichos. Pero non: aquel baleiro era dos nosos.
Miña avoa aínda está, noutra parte. Tamén unha tía-avoa de meu pai, que facía hostias na parroquia, protexida cunha canceliña roubada doutra tumba grazas á amizade cun soterrador.
Un día volveremos e xa non estarán, desafectadas todas. Ou quizais non volveremos, e nunca ninguén se decatará de que xa non están.

fábula
Vou con Martin (Pawley) a unha conferencia en ankara. Fala Martin (Garzo) sobre Andersen, os seus contos tristes e a irmandade do chícharo. Os contos máis tristes, di Martín Garzo. Cita a Chesterton, e cita tamén a Benjamin, e por suposto aos grandes contadores. Téntome apoiar na memoria, pero xa non me queda nada dela: esquecín a sereíña, o soldadiño de chumbo e tamén os príncipes ciños, os seus sufrimentos e desexos.
Dende as meniñas dos ollos caelle un río manso a Martín Garzo, remuiñando cada vez que unha historia arrastra outra, como as cereixas: "Os contos véñennos dicir que vivir paga a pena".
Abofé.

iop
Quedo con Iop en atenas. Non para de falar, meganerviosa. Os nosos segundos son pra ela tres, só coa excitación. Ao final dun té branco lévame á estación do tren, pra despedirnos, como se nunca nos fósemos nin eu nin ela.

intelectualidade
Nesta semana vexo unha peli boliviana dos anos sesenta, revolucionaria e algo pesada, que remata con planos de fusís ao aire. Acabo Mort, un dos divertidos bestsellers da serie Mundodisco. Leo tamén 'Lolo anda en bicicleta' e 'Que contan as ovellas pra durmir?'. Vou a unha xornada de conferencias sobre intelixencia artificial, xestores de contidos e sociedade da información.
E aínda que non todo me prougo, boto a vista atrás e véxome feliz.