<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

29.11.04

maldade
Volto de Big-Maceda, e fágoo por portugal: alcántara, castelo branco, sertã... Xanto un xenial cabrito con grelos asados en Condeixa. Percorro despois o cento de quilométros que hai de Coímbra ao Porto a unha media de 30, totalmente abafado, cos nervios a piques de esmagar o seguinte toyota de 1970 co que me cruce. Así que decido refuxiarme no serralves.
Non teño moi claro por que me entusiasma Bacon e por que, paradoxalmente, Paula Rego me produce tanta repulsión. Quizais porque o que é calma dorosa nun, é maldade pura na outra. O conto da carrapuchiña, por exemplo, é así, e todos os personaxes son totalmente perversos: a nai, a avoa, o lobo, carrapuchiña. Todos teñen algo que agochar, algún interese malévolo.
Pero hai que ir ver esa marabilla de maldade repulsiva, e de paso, deixarse caer polos vídeos de Tacita Dean ou as postais mariñeiras de Susan Hiller.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?