29.11.03
Marcha 5Line un día destes para Andorra, a traballar nunha estación de esquí. Non podo ligarlle dende aquí porque non sei sequera como se chama a estación. Esta noite estivo na casa, saímos ao cine e tomamos unhas cervexas. Coñecín amigos del. Di Chesterton: Non hai nada comparábel a coñecer un home, anque sexa só durante dúas horas.
Podo dicir agora, antes de que marche cara á neve nun C2 de seu pai, que a 5Line o coñecín, e que foi realmente incomparábel. Ao longo de 4 meses de encontros aquí e acolá fomos trazando un cariño de baldosas amarelas moi simpático.
Unha pista: este pode ser un bo lugar para patinar, quizais tan bo como París.

28.11.03
Falei de Chesterton, pero aínda non abondo. Esta foto chámase O agasallo do mexacán, que como ben sabedes é unha floriña. Di Jacarezinho que Chesterton ten moitas fotos rideiro, con nenos. Máis sabe o xacaré por vello ca por caimán.
Dixen que falaría de Chesterton, e hoxe veño cun papeliño que anotei na casa da súa 'Autobiografía': Esas son as parvadas que me veñen á memoria, pois creo que a vida auténtica dunha persoa debería estar feita desas cousas. Pero resulta moi difícil escribir a vida auténtica de calquera, e como xa fracasei nun par de ocasións ao tentar facelo doutras persoas, non teño moitas espranzas de que saiba facelo realmente coa miña.
Pois iso.
Pois iso.
27.11.03
Andei fozando e chimpei cos vosos comentarios. Vaia. Tamén me gustaría unha letra máis pequecha. Veblogueiros, acudídeme!
Hoxe viña disposto a falar de Chesterton, pero falarei de Chesterfield: fume para encher os minutos que pasan.
Atopei casualmente a Walter Piqo, que viña cunha excursión mariana. Faleille emocionado deste vebló, e de que agardo que se anime e que me axude a construír un de todos, de todo o grupo, onde poidamos contar se xa lle botaron o parqué á casa dos Koalas, e dos concertos de Buren, e dos traballos-despidos-traballos de Iopanda. Mandareille un correo.
Tamén me escribiu unha rapaza, Sandra Passos. Dime: "vocé precisa ser visto". Era spam traidor, espantraidor. Borreino.
Pésame iniciar este vebló, como se en realidade tivese algo que dicir. Só podo falar dun rapaz que tiña esta mañá unha asignatura de medicina preventiva, afeccionado ao cinema. Ignoro o nome, ignoro o móbil. Na frente leva un gran rótulo que sinala 'problemas', e na parte superior da orella esquerda un aro. Como vive na mesma rúa ca min, que está agora levantada, destruída, heille chamar Senreferencias: ningunha papeleira, ningunha baldosa, nada que nos indique onde estamos, se vivimos máis adiante ou se xa nos pasamos. Senreferencias foi divertido, anque en realidade é unha divertida e saborosa pantasma do pasado, pois estivo liado con Fufli.
Falando de Fufli, hai un caimán máis nas nosas vidas. Chámase Jacarezinho e hoxe tentou abrir un vebló de seu, coa miña axuda. Eu non son tan bo como Todo Nada e quedou á metade. Seguro que mañá segue.

26.11.03
Tripulación, entrando en pista para o exilio.
Escríbolle a Henri e dígolle que esta tarde chove a 1000 demos. El dime que no centro do imperio (Oxford) chove, e que ademais hai xa tempo que é noite.
Contra responde comentarios, e marabíllome. Sinto unha punzada de desolación e creo o vebló este. Agardo que a partir de agora vós enriquezades este espacio en branco.
Nada sería posíbel sen Todo nada. Hai un epicentro de enerxía positiva na coru, onda o reló.