<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

27.11.04

unlife
Logo de durmir dezaseis horas seguidas esperto en Big-Maceda co estroupelear do peteiro das cegoñas. Saúdan o mencer en todos os tellados.
Esta semana foi pra non contar. Asfixiado laboralmente por un proxecto sobre os salmóns, tiven que facer unha viaxe á noite ata aquí (BigMaceda) e preparar unha conferencia sobre edición dixital e blogmillo. Había tempo que non conseguía estar tan esgotado.
Ademais houbo dúas pelis marabillosas. Camiñar sobre a iauga é un xogo sobre a memoria, sobre o meu avó fascista, sobre a tolerancia e a construción da paz anque sexa nun kibbutz. Plattdorf ten obrigatoriamente que ir vela: e non só polas imaxes do radiante ambiente de Tel Aviv.
Ninguén sabe relata uns feitos reais: uns nenos pequenos, moi moi guiados, son abandonados pola mai no seu piso de Toquio. E eles conseguen sobrevivir malamente, afundindo na miseria, durante meses. Pagaría a pena só por ver un recanto de Toquio pola que pasan cando veñen da fonte, ou o monorraíl, ou as contornas do aeroporto de Haneda. Ademais estarrece de crueldade, impotencia e posibilidade.
Tamén houbo unha masa crítica (50 persoas, todo un éxito) en humidtown. E tensións. E a clase de inglés dos martes. E. Agora, por un día, quédame a paz. E logo unha viaxe de 700 quilómetros tras a que comezará a batalla de novo.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?