28.2.05
cervantino
Mándolle en sms: Y eran seis mazos de batán que con sus alternativos golpes aquel estruendo formaban.
Respóndeme el: Pues todo esto q yo te pinto son incentivos de mi ánimo, que ya hace que el corazón me reviente el pecho, con el deseo de acometer esta aventura, por muy dificultosa que se muestra.

autobús
Fago na fin de semana uns 1.800 quilómetros en autobús pra baixar ata Big-Maceda e traballar con Iop nalgunhas das frontes que temos abertas. Tomo descafeinados en estacións baleiras, éntrame o frío nos pés, leo, durmiño, vexo filmes horribles reflexados nos cristais da fiestra e na noite. Como é luar, vense ás veces vacas brancas, e outras veces as sombras fan xogos coas árbores e parece que as aciñeiras nadan nun encoro permanente.
Hai chairas enteiras de neve, e retallos de xeo por todas as partes. Escoito as verdadeiras linguas que se falan en españa.

orgullo
DjSU pica pra min grandes sintonías da posmodernidade ou fálame de implantarlle un firewire a Iop nun furado da cabeza. Pasan as horas ao quente dunha catalítica, e traballamos cos nosos tres computadores, un fronte ao outro.
Miro unha imaxe no faro. É de Burela. Todos son familiares de mariñeiros galegos, todos. É o mesmo orgullo que sinto ao ler a crónica que me envía Ian do país que andan forxando en humidtown.

24.2.05
fases
Co cambio de lúa, recibo unha mensa incendiaria de Folerpa: dime que paso del e pide unha confirmación. Non deixa de resultarme perplexa a realidade.
Xanto con Pinganobeizo, artífice da solución beirut, e atrístaseme mentres falamos. Non podo evitar pasarlle a man polo peliño crecho, máis pola nostalxia que polo futuro. El non o recoñece, pero creo que o asoballei un pouco con beiruts, sarillos e esas cousas, mentres el permanece encadeado ao feudalismo galeguista, con gana e medo de liscar.
Agardo que lle concedan a praza que el pediu. Teño que mirar se hai voo directo ao líbano con SAS.
En 28 días volverá ser lúa chea e por un instante todo o universo dará un pinchacarneiro.

preguiza
Faláranme moito dela, sempre mal. Pero agora que a vexo diante, en plena actuación, marabíllome do predicamento que ten nalgúns contornos e da repelencia que esperta entre outra xente. Ao vela tamén me son claras as razóns que levaron a Lafargue a considerar a galega unha raza maldita polo seu vicio ao traballo.
A min chóveme o choio a caldeiros. Esta tarde outros dous máis.

beirut
Respóndeme a máquina: Estimado solicitante. Su solicitud de lectorados ha sido enviada correctamente.
Cando estaba a tomar notas pra un choio que teño que facer dentro dunhas horas, avísame Pinganobeizo de que ampliaran o prazo dos leitorados de español e de que remataban ás 24:00h. Cos dentes repelidos por unha limpeza, paro con todo o que estou facendo e dedícome: teño só unha hora pra redactar un currículo, traducilo ao francés, escribir un proxecto docente, rescatar o meu título, copiar o expediente, inventar as miñas notas de quinto curso e escoller universidade pra dar clase de español a partir de outubro de 2005.
Meto o destino na tómbola do mapamundi. Cando na radio dan os chíos, sae beirut. A ver.

constantine
Mándolle un sms de socorro a Feiraco, pra que me veña rescatar de dous días de intensísimo traballo e accións diversas. Dime que non pode, que xa quedou, e vou ao cinema ver Constantine. O azar fai que el estea alí, cun exército de mociñas; sentamos xuntos; dicimos algunhas barbaridades sobre comer gatos e cousas así, pero ben logo apagan as luces e xa só vexo a pantalla e o seu enorme nariz ganchudo.
O filme é horrible: o que no cómic é seco e drástico aquí énchese dunha verba tumefacta e moito máis moralista ca na versión en cadriños. Nin sequera o meu keanu está lindo, e os tres ou catro botes que pego na butaca non pagan o sono. Alí, acubillado, medindo as emocións, cos ollos pequechos, mira Feiraco.

20.2.05
barataria
En dous días en madrid con Barataria case non fixemos máis ca foder e foder. Xa non lembraba cómo eran as tardes sen reloxio, cando o olor a seme e suor sobe polas alfombras, as paredes e os calefactores a medida que desce a tarde.
Barataria é algo chuleta e bastante masculino. Cando me bica, bruscamente, pregúntame que pasa?, e eu decodifico e traduzo o máis rápido que me dan as neuronas provincianas. E despois, cando espero que me desabrace e meta extremoduro no casete, pica 'solamente una bámbola' en versión de lolita, así que desnartello. Pero Barataria vive aló, a 600 quilómetros, e parece que por bastante tempo. Falamos da vindeira cita: bilbo, valencia, maybe tordesillas. Queremos que haxa próxima, pero todas as cartas do tarot xogan á contra.

cinefilia
Nun bar cutreiro de chueca ceamos unha de sesos por 4 euros. Dúas mesas á dereita está jose luis guerín, comendo nuns pementos sen quitar o pucho e acompañado dunha fermosísima xaponesa: ela parece disposta a entender o argumento de Tren de sombras; el parece que o sabe.

nixeria
Vimos de madrugada, pola A2, no pascualiño de fufli. Barataria está ao meu lado, tan mecoso como canso. Acabamos de ver nun macrocentro comercial en torrejón de ardoz o previsíbel pelouro O afundimento, e non sabemos onde refuxiarnos dunha noite tan fría que ata deixa o coche imbrado de olor a pés. Ao collermos o desvío cara ao parque temático cervantes, baixo unha capa de xiada, aparecen estradas baixo as farolas as putas nixerianas: unhas agardan soas, de pé; as outras fan quenda en grupos de tres ao redor de laradas improvisadas de cartón e tristeza.

diglosia
Dende un teclado español, nun locutorio pra colombianos da calle atocha, posteo, e dous postos máis á dereita está Barataria. Agora collerei o coche, e mentres el vota non no parque temático cervantes, Fufli e eu regresaremos. El non sei, pero eu teño moito moito que remoer.

17.2.05
estrañeza
Volvo ascender a onda dos grandes ciclos laborais. Mesturo na thermomix da vida uns viños con Feiraco onde me fala da velocidade das motos pola recta do castiñeiriño (pona a 250), con packaging de empanadas, con conversas sobre heroína e as rúas de liège, coa reforma e a contrarreforma, co futuro da Ghalleira e cos antibióticos que teño que endrogarme por culpa da moa do (pouco)xuízo. Quedo sen aire, ou quizais con pedazos de vida atascados nas coitelas.
Esta finde: Barataria, logo dunha viaxe con Fufli estreando a pascualiño.

13.2.05
reixa
Vou (só) ver a obra dunha compañía euskosuíza sobre textos de antón reixa. O espectáculo, que é bastante irregular, mantense vivo grazas á xenialidade do noso calvo da lotaría.
Boto a cabeza cara atrás: os resentidos, follar-follar-o que se di follar, o chinchimonis, vostede decide, abdul solveira, historia do rock&roll... Eu aprendín a irme de wai lendo antonreixa na biblioteca do insti, así que tentarei non buscar nostalxias no dicionario, pero vai sendo hora de que alguén vaia onda el, o colla pola orella e o meta a rompernos de norte a sur, galiza, esas cousas, a codificarnos e decodificarnos, a dicirnos cómo debería ser a vangarda daqueloutro país.
Reixa, volve. we need you.

os mellores
1. Pequenosdetalles dáme clandestinamente unha primicia: o que vai ser o novo CD de Lamatumbá. Póñoo de volta, na estrada, e non podo evitar chorar nas curvas do castro dozón. Ademais de estar xenial, moito mais xenial do que agardaba, teño as entrañas metidas nel.
2. Cada vez que vexo o pequeno Belmondo enriba dun escenario sinto aparecer a maxia. Con el chego a pensar que o teatro non está morto, malia os intentos de eduardo alonso. Onte foi nun exercicio privado, pero agardo que os teatreiros non sexan cegos e aposten por este rapaz cando cumpra.

barbeito
Vou con Pequenosdetalles ver un partido de rugbi feminino ao campo do couto nunha tarde de sol. Había moito que non nos viamos, e comunicámonos como se fai nos estadios, entrecurtados, pendentes das melés e dos couces pra seguir. Falamos da música, da política ateniense, da disco (que nos necesita) e tamén dos sentimentos: por experiencia, Cesare, tes que respectar o barbeito: senón chega un momento en que non tes nada que dar.

12.2.05
ouaou
Blogueo dende o meu café. Cinco metros á dereita, nunha pequena mesa de mármore, teño o casco da bici, unha cunca de café, o último rolo de diapos da viaxe e o voto, xa metido no sobre. Vou agora a correos.

11.2.05
fábula
Ao contrario dos maroutallos sen alma que atoutiñan por esta bloguesfera, flipoume como era previsíbel Un longo domingo de noivado. Un conto fermoso, con imaxes certamente etonantes, cunha historia peculiar e distinta sobre a guerra, cómica, tráxica, belida e... bien... comme la vie, n'est-ce pas?
De restos, unha baguïña mentres acendían as luces. Fóra agardaba o frío e quedaba unha cavilación sobre a espesura da memoria.

10.2.05
erro
Despois de faltar á nosa cita do outro día, Feiraco mándame hoxe unha mensaxe ao móbil. Vaime chamar á unha, e debo confirmarlle con toques se estou dispoñíbel. Nesa altura paro nun semáforo entre fabric-city e fabric-city B, baixo o sol do inverno. A cabeza empeza a ferverme a toda velocidade: será que empeza o pequeniño a caer con todo o seu lastre?
Dúas horas máis tarde, á unha menos cinco, recibo contramensa: o recado anterior non era pra min. A desilusión é inaprezábel, esmagada por un contentamento que perdura polo menos ata que extingue o día.

epifanía
Conta Howard Rheingold no seu libro verbo das multitudes intelixentes que empezou a ter consciencia do troco radical que supoñen as tecnoloxías de comunicación inarámica na nosa sociedade con dúas revelacións en 2001: unha ao ver uns adolescentes nunha rúa de Helsinki e outra ao observar os milleiros de persoas que cruzan a rúa en Xibuia, un dos centros neurálxicos de Toquio. Todos con móbil e todos mensaxeando.
Eu tiven tamén dúas nesta semana:
1. No meu café de humidtown, ao ir tomar a parva da media mañá, hai un mozote guapo con auriculares e micrófono. Vese ás leguas que é estranxeiro e está a empregar o skype para falar con alguén noutro punto do planeta sen que lle custe un peso e sen que exista ningún tipo de cabo. Tan normalmente.
2. Ao saír do restaurante de fabric-city cruzámonos cunha mesa onde un rapaz do país xanta só. En vez do xornal, pra acompañarse está vendo un filme clásico no seu portátil, pousado ao carón do prato. Escoita a acción en privado, por uns auriculares.

9.2.05
incubación
As cousas sucédense ao redor con moita velocidade, sen tempo a bloguealas: xuntanzas de traballo, pelis e máis pelis con Folerpa, lecturas ao sol de mediodía, limpeza na casa, os xeniais mofa&befa, correos, mensas e quedadas en falso... Por primeira vez na miña vida planifico seis fins de semana cara adiante, sen atopar aínda un furado para o agasallo xenial de Peke. Remóenme na cabeza algúns homes, pero tamén algúns conceptos. Senalcume e quilombo aproban as oposicións e Potón vai ter un fillo. Non hai avance cando estás no turbillón.
Creo que vou pillar a gripe. Só me queda triscar os calcañares.

6.2.05
casamento
O Boss é moito máis lindo, máis intelixente, máis bo xenro e máis atractivo do que imaxinabamos. Incluso moito máis.
En canto Sócrates faga algúns retoques, se el quere, sento cabeza.

descanso
Regreso cando acaba de amencer. Hai unha mesta néboa todo ao longo da estrada e poucos coches, pero cando o perfil ascende libérome dela e vexo as pequenas valgas do río Ave ciscadas de algodón, nesa paisaxe acugulada que é o norte portugués. Atrás quedan atenas, meus pais, ferre, sherlock holmes, Cidade Marabilla, a rúa miguel bombarda, un restaurante xaponés, a señora Dot e familia, Boss, o serralves, joão penalva e o seu vídeo stay stand, quilómetros e quilómetros, algo de choiva, bastantes euros, o aria, o boys'r'us (por fin), o moinho de vento, un peruaniño algo parvo e preto que vive en madrid e que foi capaz en vinte minutos de confundir galiza cos países vascos, a señora Dot comigo e a hora de marchar coa de chegar, e que era, en palabras da ever-so-graceful Dot, 'alguén delicioso'. Mesmo tamén uns coraxosos militantes do bloco de esquerda que repartían fóra dos locais flaiers sobre política antihomofobia logo de bailar con nós dentro.
Vou ter que parar nunha área de descanso da AP9. As retinas non me poden máis.

3.2.05
montaxe
Vou ver con Folerpa A montaxe final, traducida ao español como La memoria de los muertos. O filme fala dos rememoriais, montaxes fílmicas construídas con todas as lembranzas dunha persoa, recollidas nun implante, e curtadas e pegadas para proxectar durante o funeral. Loxicamente, o filme non é o que a persoa viviu, senón o que o montador decide sobre as preferenzas lembrativas dos parentes que quedan vivos. Tamén loxicamente existe un grupo de alternativos que loitan contra os implantes e reivindican o dereito a unha memoria propia.
Gustoume o seu desacougo, e gustoume tamén o estraño do argumento. Saio remoendo: teño dereito a falar doutras persoas neste blo? É a miña vida ou a súa vida?
Folerpa avísame de que Neo2 lle contou da existencia destas balas. Que non as leu. Que as vai ler.
[......]
A súa mensaxe posterior é tremendamente fría, dicíndome que non lle gustou o que leu, pero que tamén sabía ao que se expuña. Quizais el, pero sobre todo eu, lle estamos a dar demasiada importancia ao que non son máis ca letras, e por iso, falsidades. Pero non podo evitar remoer, cun intenso frío nas veas.