Este é un espacio baleiro. Non teño necesidade de dicir nada. Quizais só necesito buscar a saída correcta da cidade, antes de que estean todas cortadas polos operarios do asfalto.
12.2.05
ouaou Blogueo dende o meu café. Cinco metros á dereita, nunha pequena mesa de mármore, teño o casco da bici, unha cunca de café, o último rolo de diapos da viaxe e o voto, xa metido no sobre. Vou agora a correos.