28.6.04
despegue
Estou en Heatrhow, matando o tempo e unha libra que me quedaba.
Parece tan pequeno todo...
Levolle as pastas, 12Uvas, pero non o curry sen gluten para Kate. Levo tamen un par de toneladas de recordos e moitas dubidas sobre min e a minha vida como minhoca. Tamen queda media ducia de posts pendentes... que se cadra fago... e se cadra non. :)

26.6.04
pasado
Este sábado, despois do pouco que durmín, imos cansos a stratford-upon-avon. O tren é delicado e amábel. Arrástrase coma un caracol veloz polos campos cheos de ovellas, prados e casas de tixolos vermellos.
A tumba de Shakespeare está aquí, nunha igrexa: soterrado ao lado dos seus parentes, con lousas máis ricas e ostentosas cás del.
Chove a chuzos. Tomamos nun pub un pastel de carne, unha posta de año cocido de vagar á galesa, e un pudin de toffee con xeado de vainilla. Tamén as nosas pintas. A tarde pasa rapidamente. O tren regresa.

a miña vida
Estamos lendo, cada un na súa cama. Dime Henri: por que non ves facer o doutoramento a Oxford?
Levo máis de cinco anos afastado do estudo, e tómoo a coña. Comezo a imaxinar a situación, de chanza, pero Henri vai poñendo os dedos nas chagas que sangran: sabemos con quen deberiamos falar, teño meses de paro e tempo abondo para preparar un par de temas... De pronto o castelo imaxinario toma corpo: a posibilidade é real.
Que quero facer da miña vida? Estudar a configuracíón do canon no sistema literario galego? Escribir os textos da web do concello de viveiro? Por hixiene mental soterro o debate.
Á miña volta abrirei rolda de consultas cos amigos. Preparaivos.

orgullosa
Estou orgullosa indeed de todas vosoutras. Hoxe máis ca nunca.

lusofonía
Coa lembranza do timorense, acudo á noite gai do Soho. Vou coa mochila, algo laborioso, e arrímome como podo a unha columna. Comezo a falar cuns brasileiros. Goiânia e Paraná. Pero chaman polos seus mozos ingleses, que están atrapados no tráfico, e fíxome noutro rapaz. É moreno, e parece español, o que me asusta: non fixen estes quilómetros pra foder pra toledo. Pero afortunadamente chámase Márcio. Naceu en San Paulo no 81, ten un piso mercado alí co seu namorado, un coche a medias, é cristián espírita e fan de almodóvar. Ademais, é cabeleireiro de profesión e lóuvame tecnicamente a fortaleza e a cor do pelo. Despois bícame, nun comezo. Fermoso entre os fermosos, Márcio é un fervente seareiro de Élis Regina. Por iso, cántame coa voz máis linda que escoitei nunca 'Como nossos pais' nun portal en Neel Street, mentres nos espimos todo o que nos deixa a prudencia.
Despois, cando paseamos no escuro da cidade collidos da man, ábrese unha fiestra, berran algo que rima con fuck, e baldéannos. Agardo que con auga. Separámonos Márcio e eu cun bico e un rozar de mans: el collía un bus cara ao leste, eu cara ao oeste.
Todo o que me dure a lembranza será a súa existencia.

leste
O segundo asalto sobre londres é maxia. Coñezo o moderno, e tamén o paqui, e o rico e o tranquilo. Londres sábeme a londres e aprendo ese estraño olor a manteiga das rúas: tento memorizalo.
Baixo do bus en Notting Hill. Logo a catedral de San Paulo. A ponte do Milenio, deseñada por un ourensán. E a Tate Modern, ese prodixio: do caixeiro totalmente gótico (Ralph) á araña de Bourgeois pasando por eses imponentes sanduiches, todo é espazo e beleza. Despois paseo pola ribeira sur: teatro do Globe, mercado de Southwark (nel deixo medio corazón atado a un vendedor de queixos), catedral de Southwark, e o fabuloso More London, de espellos e edificios lixeiros. A ponte da Torre, e a Torre mesma. Agardo, pasan os minutos e repouso mirando prós turistas. Xanto un biscoito de cenoura e penso nesa xente que di que aquí se come mal.
Despois descubro un rapaz fracote, moderno e precioso. Leva unha máquina de fotos, das miñas, das vellas: intérnase na City, e decido seguilo. Fotografía o mesmo ca min, e decátase de que o sigo: o edificio da Lloyds, o Baltic Exchange, tantas e tantas imaxes fascinantes, perdidas agora pra min e das que se garda copia nun carrete en san francisco ou quizais en melbourne. Perdéuseme o fotógrafo na Liverpool Station, pillei o metro cara máis ao leste e parei en Poplar, unha zona espectacular de peiraos fluviais e rañaceos de vidro. Na estación de Canary Wharf unha cantante interpretaba arias en inglés (maybe Purcell). Despois King's Cross, coa súa plataforma 9 e 3/4 (existe!!), a vella igrexa de San Pancracio, o gasoducto, unha camiñada por Somers' Town, Mornington, Euston, Regent's Park... e outra vez metro ata Pimlico, barrio onde a vida parece tan sinxela. Paseo pola ribeira norte: Lupus Street, vistas da central eléctrica de Battersea, a pagoda da paz (regalada por unha seita budista xaponesa á cidade), e Chelsea, andando entre casas que levan alí mil anos habitadas por xente que leva alí mil anos.
Pra desfacer o debate de Jean-Sol entre Arsenal e Chelsea, eu torzo polo Tottenham e vou ata o Soho. Do que sucedeu a partir do partido de fútbol entre franceses e gregos diante dunha cervexa e nun pub rexentado por italianos, creo que xa falei.
Amo londres.

marchan
Dedico o mércores a vagar por oxford, relaxadamente.
Levo un libro e póusome debaixo dun arce. De cando en cando abre o sol. Hai un xílgaro preto. Uns mozotes beben coma cosacos sobre a herba: levan traxe, camisa branca e gravata afrouxada. Berran e brindan.
Érguese un pouco de aire, e antes de que chova, bótome a camiñar. Chego ata a casa dos exames, un pazo polo que por estas datas estiveron pasando toda a xente de oxford, de todos os niveis, de todas as facultades. É tempo de marcharen os alumnos e crúzome con algúns coches cargados de caixas con libros e pesas, e carteis anunciando a compra de bicicletas usadas.
Agora, na tarde, relustra o sol contra as pedras da rúa. Nas fendas, medran os confetis como a herba, resto dos recibimentos que lles fan os amigos aos que saen do último exame. Guíndoo cara ao ceo e anque sexa confeti, proclámoo: confeti. Anque sexa confeti canto teño ata agora, canto se me deitou a modo de esperanza.

desastre
Tiña tantirmo pra bloguear... Tanto me pasou nestes tres días...
Pero agora, ao regresar ao college con Henri, descubro que perdín un dos carretes. 36 diapositivas deixadas nalgures, quizais nun bus, quizais na noite de londres. Pásanseme as ganas de bloguear e fágoo por obriga.
Non hai nada que me desespere máis ca perder cousas. Os meus pesadelos de neno máis vívidos foron aqueles en que perdía xoguetes, balóns... Quizais por iso procuro non ter demasiadas propiedades. Magóame especialmente porque creo que entre estas 36 desaparecidas había algunha imaxe bonita, como o meu primeiro autorretrato verdadeiro. Só espero que alguén o atope, o revele e o distribúa como fixo o señor Zippie coas da súa familia americana. Talvez algún día gugleando imaxes coa palabra chave tatemodern estea o que eu vin.
Anque eu mesmo nin o lembre.

23.6.04
oeste
O meu primeiro día en londres. Almorzo británico con té e unha nube de leite, touciño, salchichas, tomates, fabas e pan torrado que tomo con Henri e mais con Haendel, un alemán de nome Mathias (coma o aviador), monárquico e especialista en misas de coroación.
Despois, o bus. E Marble Arche chovendo a deus dar. E Hyde Park, e Mayfair, e o pequeno e soso Buckingham (saúdo a Sabela de parte de Opaco). E a fabulosa catedral católica de Westminster, e as casas do Parlamento, e a abadía: tenra e marabillosa a lousa de Lewis Carrol. Orgullo laico de Churchill, de Gladstone, de Disraeli, tamén de MacDonald, o primeiro primeiro ministro laborista. Despois Downing Street, e Trafalgar Square. A embaixada de Sudáfrica. Parte da National Gallery, a que patrocina unha cadea de supermercados: a Virxe das rochas, o matrimonio Arnolfini e un posíbel autorretrato de Van Eyck que tardarei en esquecer.
Despois xantar: un bocadillo de cheddar na cripta que está debaixo da igrexa de San Martiño dos Agros. Con Henri, a quen lle foi xenial na entrevista. Despois Picadilly Circus, e Soho, e Old Compton. Covent Garden, Strand. Outra vez Regent Street, a rúa Vigo, AD e Oxford Street, Carnaby, Soho, Bloomsbury. British Museum. High Holborn. Pazo de Xustiza. E outra vez Covent Garden e Soho, e Oxford Street: alí merco unha de fish & chips e choutando de felicidade collo o bus entre señores que dormen nos cartóns e escoitan Britten.
Ás veces chove; outras venta ou simplemente agrisalla. Teño a impresión de que levo vivindo aquí un par de anos, nesta cidade totalmente inesperada, relaxante, entusiasta. Pero achégome a cruzar unha rúa e, ao bordo da morte, decátome de que só levo un par de eternas xornadas neste mundo ao revés.

saint-john
Esquecino totalmente. Miro prá noite oxoniense,lá fora: tampouco ninguén o lembra.
Nin herbas, nin auga, nin cacharela, nin xesta pra amparar as meigas. Berlín, porfis, faino por min.
A partir de agora mesmo devecen os días. Achégase o inverno.

22.6.04
oxford
Segunda xornada: paseo e paseo por sitios onde estudaron adorno, einstein, mister bean ou hugh grant. Por canais. Por xardíns con herba de 5 milímetros. Por lousas onde repousan os mortos das últimas guerras. Por Hogwarts.
Penso: por que malgastei todos estes anos fodendo? Non podía dedicarme á vida intelectual e agardar por unha entrevista para o college de St. Catz, como Henri, mañá? Mentres el xoga un futuro de 6.000 pounds eu irei a Londres.
Isto é really fascinante. E Henri tamén.

east-timor
Para rematar a miña primeira xornada en oxford, imos parar á vella estación de bombeiros, un pub que fai gay-parties aos luns. Alí falo con Joao, un pequeno chinesiño que resulta ser timorense oriental. O seu pai ten unha muller en Australia e outra en Cascais, e el está aquí estudando inglés. Leva unha camiseta do mánchester, un quentapulsos coa bandeira de portugal e un móbil megamoderno colgado dunha cadea ao pescozo. Baila coma os anxos, ten dezanove anos (again) e tamén bica ben.
Embadurnado de xampú antisárnico, retírome aos meus aposentos con Henri, que me ferve coidadosamente toda a roupa.
Sinto que me brota a maxia da punta dos fingers.

malditismo
Pois si. Seguindo as indicacións da nosa marcadora de tendencias particular, e ademais comisionista, merco e leo nos avións (SCQ-MAD-LHR) 'Baixo mínimos', a primeira novela de Eristoff. Malpocadamente non me gustou; vexo nela moitas cousas que vexo en min, nas miñas cousas, que me aborrecen: non me chega á pel. Ten evidentemente un tesouro: unha lingua que pode causarlle un problema aos xurados literarios de galiza: quen é Eristoff e quen Bieito Iglesias.
Pero reto aos blogueiros a que me discutan os excesos de güisque, churrianas e malditismo. O meu cariño por Eristoff, pola contra, multiplicouse por one hundred.
Aliás, a foto, a pesar dos pesares, é de carpeta de segundo de ESO. Formidábel.

o novelista que levamos dentro
En referenza a un antigo post de Peke, sentado nun banco diante do Queen's College, mentres agardo por Henri e gozo dun solpor marabilloso sobre bicis, gótico e autobuses, leo 'Experiencia', de Martin Amis.
Antes adoitaba dicirse que todos levamos un novelista dentro. E eu críao, e sígoo crendo en certo modo. Se es novelista tes que crelo, porque forma parte do teu traballo: pasas moito tempo escribindo as ficións que outra xente leva dentro. É agora, sen embargo, en 1999, cando un se ve quizais forzado a poñer en dúbida a información de partida: o que todo mundo leva dentro, hoxe en día, non é unha novela, senón unhas memorias.

sarna
Cando entro no aeroporto enmoquetado de Heathrow, flipo. Este é o meu mundo.
Mágoa que a feliz viaxe de bus, que por 8 libras e media me levaba cara a oxford, se vise interrompida por unha mensaxe de Rapinaigrexas: teño sarna, e é probábel que ti tamén a teñas. Efectivamente. Cousas que se aprenden:
1. 12Uvas non ten nin idea do que é a sarna e non sabe recoñecela cando se presenta. Malia o seu vademécum.
2. Se apuras podes conseguir un xampú against the scabies nunha farmacia en oxford antes das dez da noite.
3. A miña hospitalidade non ten límites.

21.6.04
biosbardos
Hai moito moito tempo Jean-Sol falaba de todas as cousas ás que chegou tarde. Eu cheguei con gran demora a Matrix. Tanta que aínda a vin hoxe, e escoito o bater do meu corpo contra a realidade virtual do fondo máis fondo do indirranquin.
Non sei como puiden vivir este tempo sen a historia de Matrix. Como dicía martín garzo que dicía benjamin (ambos no pedestal; peto dúas veces na mesa), no mundo contemporáneo recibimos grandes cantidades de información pero só unhas pouquiñas historias memorábeis.
Así que regreso con deberes para o futuro: achegarme ata un videoclube e pillar, por primeira vez na miña vida, un DVD: o das continuacións. Ás veces as cousas non suceden. Quizais porque non chegou aínda o momento axeitado. Por iso cando vén a vida non nos pode pillar nos biosbardos.
Londres, non te movas que aí vou.

20.6.04
Supercalifragilisticexpialidocious!
Canta o desfeluxador na tele: Como eu vexo Londres, ninguén o verá.
Gústame moitísimo Mary Poppins. Mañá a estas alturas tamén estarei en Londres, e como eu o vexa ninguén o verá.

martirio
A risco de derrubarme coma unha lousa no indiranquin, hei de dicir que onte fun a un flipante concerto de martirio: saín coa pel requichada da melancolía, que se estendeu tamén ao longo día de hoxe, mentres entraba o verán e chegaba a choiva.

19.6.04
proído
Arrastro dende hai días un intenso proído. Cando me ergo ás mañás a miña pel está cuberta de ronchas, todos os días en posicións distintas de cando me deitei. Próenme as pernas, os brazos, e non podo deixar de rañarme.
Autoconsúltome, e creo que ten que ver co estrés: o tren de oxford a londres terá que facerlle ben á miña pel. Pero non deixo de cavilar en Rapinaigrexas, que leva meses sufrindo do mesmo, e co que me deitei uns días antes de comezar a sentir o mesmo e rabudo proído. As somatizacións do estrés son contaxiosas?
12Uvas é tallante: non é sarna. Respiro, pois é dos poucos parásitos que me falta neste ano de hospitalidade.

new holland
Levo unha semana totalmente emocionado. Calquera cousa me excita e é capaz de arrincarme bágoas parvas, que me espremen os pómulos ata a dor. Así que non me estrañou o pracer intenso de ver as crechas cubertas de grelos, de bailar sementar sementarei, de estrear a miña primeira camiseta totalmente customizada: new holland make a new galiza.
Grazas TodoNada, Paleón, Caladinha: ademais de fermosos blos, creades maxia.
Peke, teño as súas chapas.
Tamén estaban Kate, e Shotokan, e Jacarezinho, e Fufli, e Gaiteiriño, e Smile, e (m)Alicia, e a senhora Dot, e tantos outros dos que falarán as crónicas... Se alguén quixese inventar unha xeración literaria a partir dos blogs, non dubido que este evento podería marcar o punto de ignición. Afortunadamente, vivimos nun país discreto.

europa
Non sei cando comezou todo. Quizais cando a miña avoa me regalou unha esfera pintada de coloriñas. Ou cando mamá estudaba as oposicións e tiña que aprender de memoria a lista de prohomes: adenauer, schumann, de gasperi...
O caso é que hoxe, despois do intenso día de onte, ao escoitar o himno de letonia non podo conter as bágoas.

17.6.04
borralla
Na tele conectan con Cee. Arde na Ameixenda e en Gures. Enchénseme os ollos de bágoas de bombeiro.
Onte e hoxe as rúas arrecendían a fume, nun dos olores que máis felicidade me causan. Encántame ese parfume a madeira queimada, a muxicas no aire, a calor e toxo ardido. Así que en segundos paso da desolación absoluta á alegría e outra vez á desolación. E regreso á alegría para ir apañar cinzas na noite, en bici, pola rúas de humidtown.
Lembro un poema que me alza a alma: toco á fin esta man que comparte a miña vida, e nela me confirmo, e tento canto amo, érgoo cara ao ceo e anque sexa borralla proclámoo: borralla. Anque sexa borralla canto teño ata agora, canto se me deitou a modo de esperanza.
Agora sei que, ademais, morreu tovar.

larsson et alii
O fútbol é un deporte fermosísimo. Estou convencido de que a masa sempre ten razón, e tena seguramente cando loa o gasto pulmonar das bandas ou a elegancia do caneo perfecto.
Práceme extraordinariamente o fútbol e o último poema que escribín (hai xa moitos anos) titulábase Ronaldo. Xa falei nun comment da miña devoción polo preto sueco Larsson. Fillo de caboverdiano, Henrik Larsson xunta a brillantez no xogo cunha beleza endiañada e ese carácter multiculti do que noutros blogs próximos chaman soño: gustaríame que Larsson formase parte do patio de escola do meu futuro. Ademais, ten blo.
Hoxe engadiría, logo de ver o Portugal-Rusia, a Cristiano Ronaldo (agardo que os Renas me dean a razón) e ao ruso Ismailov.
Permanecerei atento ás pantallas.

milagre
Parabéns. Levabamos moito tempo agardando por ti.

15.6.04
kate
O venres saín á noite con Kate por humidtown. Tomamos croques sen fariña, anchoas sen pan e algo que non fose cervexa. Falamos relaxadamente. Logo, nunha picardía, pouseille un bico fugaz. Remexéronseme as cinzas.
Seguimos a noite, de bar en bar, polo lado escuro. Había unha proximidade de narices que me desacougaba e compracía ao mesmo tempo, pero eran centímetros gañados a cubalibres.
Ao final, nun exercicio de prudencia, evitei calquera posibilidade de rexeitamento.
Antes de saír, kate mandoume unha foto dela. Sae algo desenfocada, posmoderna, cun nique vermello de asas, do mercadiño de bertamiráns. Deslumbrante. Pegarei a foto neste blo? Farei chapas coela e vendereinas como contra, a dous euros, a través do blogcommerce? Ou pregareime ás súas ameazas e soterrareina no último byte?

13.6.04
a vida que eu quero
Estou nunha terraza e penso ante o vermú: o que eu quero nesta vida é un home que me ame e me leve á eurocopa.

sexo
Atrapado polo intenso traballo, acudo ao sexo como por auga á fonte. Pasa pola miña pel un verinense macholeiro e fugaz. Tamén un de foz chamado Cesare. A primeira vez que bico a outro Cesare, e resúltame ben pavero. Pero eu prefiro dicirlle Maersk, como esa empresa de transportes na que me encantaría traballar. Gustaríame recuncar, pero véxoo complexo.
E despois, pró remate da semana, Lánguido. Corricando na cidade canda a señora Dot, atópoo no 7-4, falando cun amigo algo estraño. Pregúntolle cousas vagas, e saco a conclusión de que é unha alma baleira, que inda non rematou a ESO, pero que vai votar hoxe por primeira vez. A primeira raiola de sol do día espértanos nunha área de descanso da autoestrada. Andámonos bicando.

memoria
Escoito na radio a crítica literaria Poblenou, moi estimada por xente que pasa por aquí. Di que está cansa de que na literatura galega só haxa exercicios de memoria. E dío referíndose a Solimán, a novela de Xesús Fraga, que tamén visita decote blos parentes. Eu léoa, e non me acaba de engaiolar. Penso: direi no blo o moito que me aburriu? Non sei se debería. Así que fago exercicio de delete: quédome co xesús fraga fermoso e intenso de A-Z e da camiseta de Lego.

fin
Pregúntame Jacarezinho se vou pechar o blo. Dígolle que si.
Á noite atopo a 12Uvas, que fai unha análise psicoliteraria tremenda destas letras: pensa moito máis el sobre o blo ca min mesmo. Dime: alégrame ver que non actualizas, porque a máis blo menos vida. Eu creo que é ao revés. A menos vida, menos blo.
Quedo tamén con Sarabaras, que está facendo un estudo sobre blos. E analiza e debate e le cousas estrañas e pregúntame tecnicismos que loxicamente non coñezo.
E finalmente teño tres bloncontros: con Todonada, con Ra, coa señora Dot.
A miña vida é moi distinta dende que existen estas balas. Pechareino? Abofé, e a longa e afiada lingua da señora Dot axuda. Pero non será hoxe.

kensington
Cando quedan xa menos días pra ir aló, penso no milleiro de pelis que vin sobre londres, con londres no fondo. Pero ata esta vez, que vou ver A mai, non tomo conciencia: alí está o Támese, e unha xigantesca nora que se eleva por riba de todos os desexos. Alí estou eu tamén, imaxinando historias sobre mais e carencias afectivas a esgalla.
O filme non sabería dicir se me gustou, pero non deixa impasible.

buxo
O luns non me deitei. O mércores tampouco. Deses esforzos laborais queda damnificado este blo, que non se actualiza. Gustariame pasar por todas as terrazas, e buscar aquel rapaz que vin o outro dia, como facía antes, pero chego esgotado e obrígome a escribir aquí só unhas poucas palabras de todas as que pensei nestes días.
O silencio é gratificante.
Coma o tiranosauro, estou coma un buxo.

6.6.04
baleiro
Pouso a cabeza na toalla. Vexo as moreíñas de area, ao redor, e en desenfocado, un revolto de parasoles e corpos espidos. Lembro a Shoto-kan. A súa insistencia mantén viva unha historia na que eu non colaboro. O problema está decididamente en min, que non son capaz de trazar elipses sobre os mirtos do amor.
Pero pecho os ollos e aspiro o recendo do sal, os sargazos e a nivea. Quitemos a propaganda: quedan 68 quilos de carne zapateados ao sol. Máis nada.

morrison
Quedo a xantar con Morrison. Falamos de Bukowski, de como está. Parece que nos estamos referindo a unha relación totalmente distinta da mesma que me contou o propio Bukowski. Ou dunha separación distinta, vaia.
Saio co convencimento de que Morrison deitou carne por toneladas nesta historia, e de que está disposta a todo por que Bukowski recupere a saúde. O primeiro: deixalo pra sempre.
Ao cabo de dous días, a Bukowski atopámolo na noite: cóntanos unha versión nova, distinta das outras dúas. Os dragóns seguen sendo grandes, e as falsidades nacen ao gallope. Só me queda saber se lle mente ao mundo ou só a si mesmo.

5.6.04
familia
Falo moi escasamente aquí da familia. Fágoo a mantenta: non teño claro ata que punto len, ou non, este caderno. Ademais atravesamos unha fase problemática e complexa, e creo que é máis prudente gardar silenzo.
Pero esta semana veu miña mai facer un curso a humidtown; cando chegou eu estaba no cinema, con Shoto-kan. Ao chegar á casa durmía no sofá, pequeniña, calzando un 33 (gústame presumir de que a miña nai só calza un 33). Doulle un bico e segue a durmir. Ao día seguinte paseamos pola vila, ao sol, e atopamos a 12Uvas. Fálolle del; ela di que é moi guapo e que ten uns ollos moi fermosos. Tomamos unha auga tónica, e despois vemos a tele xuntos.
Nos últimos anos estámonos achegando moito, e éntrame un inmenso contentamento e orgullo ao pensalo.
Mentres, no lado negativo, Dukakis encasquíllase: as circunstancias non o están axudando, e pasan os días. Todos agardamos un cambio pero as inercias son moi longas.

febre
O traballo reprodúcese como as cascudas, mentres me invade un entraño mal: dóeme a gorxa da amigdalite, a cabeza da sinusite, tuso os sete tusires e teño picos de febre alta. De súpeto comezo a suar como unha fera, dez minutiños, e para. Síntome suxo, pero procuro continuar co meu ritmo coa axuda de aspirinas. Visítanos Iop. Con ela vou á praia, paseo, ando á procura de trapiños e novos trebellos tecnotrónicos, e grávame unha chispa de cedeses que me farían recuperar postos na escala indie.
Agora mesmo estou sufrindo un pico de febre. É de madrugada, e estou na oficina. A pesar de todo, e incluso a pesar de verdú, son feliz.

2.6.04
llach
Onte fun ao concerto de lluís llach.
Voei unha vez máis sobre as illas gregas. Pensaba cantas veces escoitei estas pezas, onde as aprendín, cómo soan despois de tantos anos. Onte, como todas as veces, descubrinlle cousas novas.
Alguén á saída nos chamou progres e nostálxicos. Debeumo ver no brillo dos ollos ou na xiada dos brazos.

rapinaigrexas
Á saída do concerto fun con (m)alicia e con Rapinaigrexas pra tomarlle algo e/ou recuncar. Nos apartes (m)alicia e eu debatíamos: si, non, ten problemas, é de esperar, conta as cousas que as destroza, cantas voltas aguantarás?, é guapo ou nin tanto.
Eu xulgaba a cada minuto a vida ou morte e pensaba cómo o contaría hoxe no blo: enfermo de min mesmo.
Rapinaigrexas pasouno mellor ca min: ría e ría e ría. Eu gocei dunha amañecida fermosa en santaclara e dunha amigdalite que, por fin, descarga sobre min con toda a súa forza.

guapura
Apoiado nunha parede de madeira, sentinme guapo por primeira vez en moito tempo. Foi fugaz. Axiña regresei á humildade.

Preparando a miña viaxe a oxford e asimilando o meu pánico ante un inglés totalmente descoñecido, recibo correos de Henri e de Berlín. Berlín advírteme de que non podo filtrar nada e eu, claro, arrabeo. Fálame dun periplo extraordinario por centroeuropa, por vilas e cidades que visiteii e non, e remata convertendo Ai vén o maio de flores cuberto no poema de máis carga erótica da literatura galega. Por imperativo legal, non podo explicar máis. Berlín é parvo e non fai un blog: pérdense os mellores correos da rede no silenzo.
A Henri pregúntolle qué vai facer nestas eleccións, e éncheme de bágoas os ollos con esta resposta: He ido a preguntar en el ayuntamiento de Oxford y puedo votar como si fuese inglés, con una tarjeta especial para residentes. Así que votaré a los laboristas de mi distrito, sean quienes sean.

1.6.04
príncipe
Escoito unha frase de Prince, o artista antes chamado por un símbolo: Mellor trabucarse cen veces ca finxir.
Se alguén ma bota a latín, de preferenza latín serodio, adóptoa como lema heráldico.