<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

3.8.07

lei de cesare, II
Nun segundiño que me podo conectar amaño algo de sexo en formato rápido. El, que é de Salvador de Baía, non ten onde quedar, e eu obviamente tampouco. A pesar do que leva chovido nas últimas horas aproveitamos o luscofusco pra subirnos ata un muro ao pé da igrexa da alameda de humidtown. Alí, apoiando o cu contra un muriño húmido de chuvisca e probablemente mexo, ensaiamos un par de exercicios rústicos en completo silencio e incomodidade. E como xa non é o primeiro nin o sexto ferrete que meto con brasileiros, atrévome a formular a segunda lei de cesare.
Todo brasileiro pertence con respecto a foder a un destes dous grandes grupos: os individuos do grupo A déitanse coas mans detrás da cabeza a agardar que fagas algo, e os individuos do grupo B antes de que te decates colleron posición detrás de ti pra pinzarcha. En calquera dos dous casos o ferrete é un completo desastre.
Disto podería derivarse que, ou ben os gais brasileiros só foden ben en situacións climatolóxicas axeitadas, ou ben teñen unha sona excesiva, ou ben o azar e a lusofonía están conxurados na miña contra. Que todo pode ser. Este de hoxe, biólogo molecular parado e sosainas, pertencía ao grupo A.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?