<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

14.7.07

matrimonios
Mandounos mensaxe tony, o rapaciño das bermudas. Quere vir meter un ferrete e de paso traer o mozo. Como sempre, é el quen fixa as regras, desta vez máis restrinxidas ca nunca porque seique o mozo élle moi tímido: agora non a podemos nin lamber. Movidos máis pola curiosidade ca polo pracer dicímoslle que si, que veñan, e aparecen tony e mais kenneth, que resulta ser outro mozo preto das bermudas, fermoso mais non estratosférico como tony, lixeirísimamente gordecho e piroliñas. O resultado foi un dos ferretes máis longos e aborrecidos dos que teño lembranza, salvado unicamente por Barataria e pola mirada cómplice de tony, cando se levantaba ao outro lado dos corpos como dicindo "qué lle queres, eu tampouco sei como levo catro anos con el". Como conclusión, dúas das regras básicas do foder saíron reforzadas:
  1. Ou 3 ou 5. Guerra aos números pares.
  2. Nunca dúas veces é o dobre.
Eles quedaron de volver, e nós debatemos algo no post-ferrete. Queremos repetir tal tedio? Como sempre, Barataria crava a resposta: alguén terá que salvar o seu matrimonio. Abofé.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?