<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

4.7.07

xenios
Do paso breve por aquelas terras apañei unhas cantas cousas, entre elas os últimos dous títulos publicados en español de Ralf König. En realidade é unha soa novela gráfica partida en dous volumes pra facer máis caixa, pero os dous ben cumpridos, no que é a máis longa e complexa das súas obras. E digo complexa poñéndome estupendo, porque creo que é o mellor que lle teño lido, e o que ten unha estrutura máis sólida: as historias mestúranse fascinantemente, e aínda que haxa un par de cadradas algo forzadas, a trama que mestura a alemaña contemporánea e a persia medieval rula bastante ben. Non hai demasiado sal groso, e si cada vez un humor máis refinado, máis certeiro.
En realidade toda esta historia sobre xenios piroludos e lámpadas máxicas é só un comaquén pra falar do islam, da intolerancia e do que pensa un cidadán branco de düsseldorf cando ve un turco de dous metros por dous metros (quen di düsseldorf di madrid ou vigo; que di turco di marroquí ou senegalés). Non sei se a idea que queda no pouso me gusta. Parece que só a maxia e o escravismo fan posíbel esas relacións, e que todo no fondo esvara cara á dominación e a ultraxe, chamémoslle burcas ou o que faga falla. Diría incluso que me parece un álbum tremendamente racista, malia as risas, malia a diversión. Estaría ben que eses que decidiron desertar empregasen o tempo nalgo interesante: molaría tanto ler este xenio en galego...

This page is powered by Blogger. Isn't yours?