<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

2.7.07

feito
Nestas tres semanas fixen: asistín a un encontro de vellos galeguistas. Fixen de chofer e psicanalista. Visitei unha ducia longa de amigos, dos mellores amigos. Mantiven tamén unha ducia de xuntanzas profesionais, a maior parte deles de carácter informal, así en plan galego. Fun a Ciudad-Ajo nas vésperas do orgullo. Fodín cun ilustrador modernito de atenas, ás nove da mañá, en casa de meus pais. Fodín con Xastriño, nun coche á beira da estrada de Ribela, ao sol de mediodía. Fodín cun rapaz colombiano nun piso de ankara, ás dúas da mañá, un cholo cineasta e dramaturgo de medellín que está a servir mesas na zona turística da vila. Cubrín 3.492 quilómetros en dez días. Fixen algúns coñecementos moi interesantes: Paco o americano, César o do soe, uns nenos esgrimistas, Olalla de sheffield... Participei na primeira lectura pública de posts deste blog, lidos por un dos médicos de Hospital Central. Durmín en oito camas distintas. Visitei a Fundación Cesare e pensamos entre Ferre e mais eu como ampliar andeis. Dimitín dun choio que me daba máis angustias ca praceres. Cavilei catro ou cinco choios máis. Apañei bibliografía prós vindeiros días. Botei dúas horas un sábado e tres un venres na praia. Comprobei, camiñando por entre os trigais de madrigal de las altas torres, que o andacio de corta dos prados do que falan os xornais é máis ca verdadeiro. Comín peixe, moito peixe. Tamén coello. Fun a un partido de básquet. Recollín unha camisola do festival de Cans.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?