23.7.07
hp 7
Pouco a pouco, coa axuda do dicionario, vou debullando os novos segredos. Tamén en inglés me custa apagar a luz e durmir...

Os dous homes apareceron de ningures, separados por unhas poucas iardas nunha estreita corredoira iluminada pola lúa. Durante un segundo permaneceron inmóbiles, con cadansúa variña apuntando ao peito do outro; logo, ao que se recoñeceron, gardaron as variñas por baixo das túnicas e botáronse a camiñar na mesma dirección.Despois de dúas horas de facer cola na libraría do centro comercial de vila-marple, adquirín a miña edición adulta de harry potter e as reliquias mortais contra as 2 am. Naquela altura xa poucos quedabamos aló: os libreiros, algún garda de seguridade, e unha estraña mestura de borrachos, persoas de ollos cansos e lectores de todas as idades que, xa, devecidamente, lían nas esquinas agardando polo taxi ou mentres ían na escuridade camiñando cara ás súas casas de visillos e xardín.
Pouco a pouco, coa axuda do dicionario, vou debullando os novos segredos. Tamén en inglés me custa apagar a luz e durmir...