<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

30.7.07

fundación
A Fundación Cesare existe, claro que si, anque non se chame exactamente así. Hoxe amencín por primeira vez na cama que hai nela. Dedicarei a vindeira semana a traballar moi intensamente nunha dobre quenda, botado ás mañás á mellora das miñas cualidades pedagóxicas, e ás tardes á preparación dunhas fichas sobre literatura que me enchen de tanta preocupación como morbo. Así que xeograficamente agora estou na ghalleira, nun lugar do interior batido polo sol e que nesta hora da mañá aínda é alegría de anduriñas.
Nos locais da fundación, ese punto de ancoraxe, miro e remiro bibliografía apresuradamente e de fondo escoito björk. E refréscome da calor nunha ducha sen cortina que me permite verme espido no espello, decadido, revellado, mentres o xampú cae frío por sobre os meus pregues destensados de trintaepico.
A fundación: os libros, o espazo, un ferrado vello, unha pantalla (das de xinzo), cerámica de gundivós, artesanías carrexadas polo copatrono Ferre e un saco de boxeo. Entre as súas paredes de pedra vista hai un aire viciado de amizade, mesto, que agora mesmo é o único motivo que mantén tensa a cadea coa ghalleira.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?