<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

10.10.06

despedida 1: ferrete
Fun facendo múltiples xestións, dende mudar o censo a construír un moble grande e longo pra acubillar os meus libros na fundación cesare (prometo fotos). Eu pensaba que o facía pra ir avanzando na saída, pero en realidade o obxectivo era esquecer que me ía.
Cando xa queda menos dunha semana e os días xa se chaman último-domingo, último-luns, último-martes... caio na conta: ordia, marcho.
Por iso, con Xastriño deitado na parte de atrás dun 206 en liquidación, sepárome un pouco e miro pra el. Mírolle o embigo, a docísima pel, a pirolaza e esa barbiña deixada de dous días con tanta precisión. Mírolle os calcetíns e todos os detalles da roupa que cae sobre o freo de man e na bandexa do maleteiro. Canta beleza e canta enerxía lle chuchei. Canta vida. E mentres lla zugo por vez derradeira penso: que teñas sorte, que teñas sorte, que teñas sorte.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?