<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

14.6.07

catástrofe
Por motivos do guión fago o que non debo: ler 229 páxinas contrarreloxo en 4horas e 45 minutos. Trátase se 'Benquerida catástrofe', de Teresa Moure. Viña agoniado con algunhas malas críticas aquí e acolá, e anque a narradora me dicía "non leas na cama", e eu mesmo razonaba que ler na cama, de madrugada e contrarreloxo, non era o máis idóneo, deiteime nunha cama provisional, na casa de meus pais, cunha luz rácana e á escoita do dioivo contra as uralitas do patio, pra cubrir o trámite.
Pero, vaites, está xenial! Ten cinco ou seis momentos realmente extraordinarios, e nas fases da identificación paso rapidamente do perfecto estranxeiro á prosmeira escritora, e de aí ao mozote que quere pinar na profe, con apenas un áxil movemento de parágrafo. Novela de amor, claro, porque o amor é a nivea coa que untamos a pel de todos os días, atopo quizais na súa brevidade e na maior delicadeza da tese esa virtude do conciso que non vira en Herba moura. E esa narradora, tan adoito cargante e entremetida noutras novelas do SLG, é simplemente unha pastora brillante que se blinda e que nos leva non ao obvio, senón ao recanto oculto, ao detalle que pasara por alto na lectura contrarreloxo. E así vai chegando a amañecida e tamén a hora de deitarse nun plisplás e espertar nun tren camiño de humidtown.
Ás veces as noites son así.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?