<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

14.5.07

impotencia
Dous días arbitrando atletismo ao frío e á chuvieira. Toneladas e toneladas e toneladas de traballo. Un par de reveses económicos. E finalmente, un ladrón que decidiu apropiarse da miña bicicleta mentres eu vía na tele como o mundo eurovisivo era, máis ca nunca, dos inmigrantes e da democracia.
Hai trece anos que a miña bicicleta bianchi, a desta antiga foto, estaba comigo. Mercáraa de segunda mao nunha vella tenda xa inexistente, e dende entón levo percorrido con ela unha boa cantidade de quilómetros e paisaxes. Cos parafusos pasados, coa pintura guichada en moitos puntos, coa ferruxe meténdoselle nas entrañas, aínda era abondo suculenta prós amigos ionquis do meu veciño, moi proablemente. Así que hoxe, a primeira hora, logo de poñer a denuncia correspondente ao terceiro corpo policial da miña vida (muda o idioma, permanece a resignación), baixei pola cidade e gastei 229 libras nunha nova bici, relocente, de paseo.
Pero o traballo, a chuvieira e os ladróns transformáronse en estrés e hoxe, por primeira vez en dous anos e medio de relación, non fun capaz de rematar un ferrete. E mañá comeza a temporada de visitas.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?