<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

16.1.06

ladróns
O venres fun obxecto do ataque dunha brigada de defensores da propiedade privada. O botín, 8 prendas de roupa entre pantalóns e niques de manga longa, se ben inda non tiven a pacencia sentimental de identificalas todas. Leváronmos dos tendais do patio.
Só podo pedirlles que coiden eses pantalóns e eses niques como se fosen seus. Que leven o de pana (30 €, unha posta) a meterlle un remache, que eu o tiña pendente. E que teñan coidado co vaqueiro groso nos aeroportos, que chifla polo cinto.
E que sexan bos.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?