<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

1.2.07

soños
Moitas veces, practicamente todos os días, acho en menos a ulises. Métome na cama, movo as dedas dos pés, e ela non está alí pra saltar á caza do rato das sabas. Tampouco é a responsábel dese renxer de detrás do sofá, nin acode á cociña cando lle quito o plástico a unha bandexa con dúas estreitas e caras xardas. Máis ca a Barataria e mais ca aos amigos, a quen acho en menos é a ulises. Pra ela non teño mésenller.
Quizais por iso ela emprega o adium dos soños e cólaseme a correr pola casa, xogando con obxectos valiosísimos e superfráxiles ou demostrándome o seu estrés con respecto ao piso novo: nun só soño, debeu comer máis dunha libra de prantas.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?