<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

17.2.07

catástrofe
Volvín espertar sobresaltado contra as tres da mañá. Meudeus, pensei, quen agora? Apaguei a superstición no borralleiro, atribuínllo á dor das costas, e seguín durmindo. Cando me ergo ás sete pra baixar ata glesga e facer de xuíz nuns campionatos, escoito un pequeno marmurio. Espido e descalzo, camiño pola moqueta ata que me decato de que á entrada da sala a branda superficie do piso está misteriosamente húmida. E arriba, dunha bocha, pinga un mar.
Como me gustan os sábados.

PS: Veño conectarme á oficina nun descanso que me dan os fontaneiros e, oh, sorpresa, o meu portátil perdeu as dns...

This page is powered by Blogger. Isn't yours?