15.1.07
bambús
Non lembro se vira xa Acosado por todas as dez partes, o filme chinés que en occidente se coñeceu como A casa das dagas voadoras. En todo caso pareceume fascinante. Unha pequena historia, simple pero no fondo moi complexa, narrada estupendamente e cinguida por un fino fío de fantasía que podemos chamar artes marciais, ou beleza, ou outono. Claro que eu estaba suxestionado: Fai acababa de prepararme dous fantásticos pratos de polo en mollo e rustrido de berenxenas ao estilo cantonés, e arrombábase no sofá contra min coa súa fasquía de oso panda.
A parte sexual estivo ben, lastrada polos problemas da primeira vez, aos que se lle acrecenta que chante na retina os seus olliños e que me vaia tecendo lianas do redor con bambús e ese vocabulario amatorio de home english (i love you, i miss you...), que resulta tan falso e ao mesmo tempo tan verdadeiro.
Agora que podo, heille de arrear con forza ao cabalo e liscar das montañas chinesas: que nada me reteña na casa das dagas voadoras.
Non lembro se vira xa Acosado por todas as dez partes, o filme chinés que en occidente se coñeceu como A casa das dagas voadoras. En todo caso pareceume fascinante. Unha pequena historia, simple pero no fondo moi complexa, narrada estupendamente e cinguida por un fino fío de fantasía que podemos chamar artes marciais, ou beleza, ou outono. Claro que eu estaba suxestionado: Fai acababa de prepararme dous fantásticos pratos de polo en mollo e rustrido de berenxenas ao estilo cantonés, e arrombábase no sofá contra min coa súa fasquía de oso panda.A parte sexual estivo ben, lastrada polos problemas da primeira vez, aos que se lle acrecenta que chante na retina os seus olliños e que me vaia tecendo lianas do redor con bambús e ese vocabulario amatorio de home english (i love you, i miss you...), que resulta tan falso e ao mesmo tempo tan verdadeiro.
Agora que podo, heille de arrear con forza ao cabalo e liscar das montañas chinesas: que nada me reteña na casa das dagas voadoras.