<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

24.1.06

desalento
Merco o álbume de David Rubín, O circo do desalento, publicado unicamente en español noutro éxito do sistema literario galego.
Léoo rápido, malia estar composto de historias breves (pero qué tanto me desestabiliza iso ultimamente!). A impresión é a caña. Xa sei que el é o meu parente, e que con alcume ten aparecido nestas páxinas sen el sabelo (creo). Moitas destas historias xa as lin de segundas e algunhas incluso repousan na miña caixa de correo.
Nun volume destas características agárdase algo de irregularidade, e haina, especialmente cando debuxa máis ao bravo ou máis ás présas. Pero a primeira historia, fabulosa, é il mesmo. Así o sinalan con precisión no epílogo. Xa a vira exposta, e agora, en libro e traducida, segue sendo arrampladora. As demais narracións, nacidas bastante ao calco desa como visións do mesmo poliedro, teñen unha consistencia insólita. Incluso o exercicio a catro mans con mariademallou encaixa á perfección.
O futuro pasará porque conte outras historias, outros modelos, que lle meta as mesmas vísceras ás vidas alleas. Agardo a visión do gurú willy.

PS: Ei, deif, podo tatuarme a portada no ombro? cobras dereitos?

This page is powered by Blogger. Isn't yours?