<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

8.8.07

identidade
Vou de noite no coche de Ian, mentres el dorme as vésperas de sicilia. Veño do cabo de crus, de deixar a máis fermosa das miñas amigas ao pé dunha fiestra que dá ao mar. Hai na estrada unha recua de animais mortos, gatos principalmente, que continúan á mañá seguinte cando marcho pra atenas cosendo outra estrada distinta que é, no fondo, a mesma estrada. Cadáveres, pelexos e remuíños de sangue danme a continuidade do país: hai no fondo casas de cemento, puticlubes, polbeiras, coches que van e veñen escoitando radios e músicas pirateadas, remolques con algo de leitugas, pementos e uns poucos tomates, algúns camións dos do leite, e automóbiles lentos e rápidos, outros con turistas e outros con lamias de 3000 euros, e outros que van discutindo sobre carola e o neno porque carola ten 24 anos e quere ir á festa a ribeira e non hai quen lle coide do neno, e falan tamén dalgunhas poucas cousas de herdanzas e de carpinterías de aluminio, e de retellar, que é o tempo.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?