<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

16.8.07

1961
Como asterófilo que son, que sei páxinas enteiras da 'Odisea de Astérix', que comprobo nesta nova estadía escocesa canto de verdade hai en 'Astérix en Bretaña' (o meu xardín é máis pequeno ca Roma, pero o meu pilum é máis grande có teu sternum), penso que que o goberno complete a serie de asterix en galego non é máis ca un disparate a estas alturas.
En vez de loitar porque non se produzan prácticas monopolísticas na edición de linguas peninsulares (do que Harry Potter é unha cruel vítima), ou en vez de pensar nos produtos culturais que consomen os nosos mozos, prefiren poñer parches lingüísticos a historias que xa son só importantes na infancia dos señores deputados. Decididamente, están tolos estes do bloque.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?