14.6.07
socialismo
Nunha breve escala en Ciudad-Ajo, teño só tempo de falar un pouco con Sefarad e con Itopo, deitarme e almorzar té e froitas antes de seguir viaxe. Na mesa de noite, non sei ben de que man, quedara un cómic francés: As malas xentes, de Étienne Davodeau. Xa lle lera hai uns anos Rural; pero o que daquela me parecera interesante e orixinal agora é un típico exercicio embíguico francés. Vale que está ben narrado, vale que debuxa correctamente, pero o periplo de dous velloucos franceses pola militancia católica roxa nos anos cincuenta consegue motivarme tanto como un discurso de zapatero. Ou incluso menos.