<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

19.6.07

dispor/expor
Na efémera pausa entre dúas choivas, baixo da estación de buses ao cgac, a ver qué botan. Teño pra min que hai unha diferenza entre unha exposición e un almacén, ademais da vontade, e as pezas de xavier toubes, algunhas delas ben xeitosas, dispóñense ao chou, sen moito máis criterio aparente có de "teño por aquí unhas obriñas...". Aínda peor é unha especie de colectánea sobre a ribeira sacra (!), da que esquezo todo rapidamente, seguramente axudado por un programa de man que non consigo traducir ao meu idioma.
Finalmente, nos sotos, hai uns vídeos e unhas proxeccións sobre a putrefacción da carne, de ignacio pardo. As moscas zunindo, por moito que a execución sexa algo tosca, lévanme ao que estaba buscando, ademais de acubillarme ante a choiva: alguén tivo unha idea, e tentou transmitila.
Horas máis tardes, comentando a xogada, alguén me encarreira: o cgac é un barco ao pairo. Así semella.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?