<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

31.5.07

montañas
Ás veces as forzas desaparecen. Ou as necesidades máis inmediatas absorben todas as horas de computador. Ás veces entón este blo queda desatendido e médranlle as herbas bravas nos comentarios.
Pero logo un día, quizais sentado neste tren da virgin, diante dun rapaz paqui de grandes beizos e ollos coma pozos, á altura de lancaster, deixo a un lado o sono e tamén a angustia das preocupacións, saco un caderno onde teño escrito algúns anacos de posts, e fago limpeza. Ao meu redor, no sentido das agullas do reloxio, o rapaz indio dos ollos coma pozos, a fiestra que dá ás vacas ás ovellas ás árbores ás fábricas e outra vez ás vacas de lancaster, un señor de traxe e gravata lendo William Pitt the Younger de William Hague, ou William Hague, de William Pitt the Younger, unha bolsa do sainsbury's, un dailymirror abandonado e as notas cos posts esquecidos. Comezo, unha vez máis, a escribir.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?