<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

2.5.07

eleccións 3
Como non me podo resistir, e con algunha escusa gramatical, pídolles aos meus clientes que me falen de política e das eleccións de mañá. Sorprendentemente, resúltame unha mostra moi representativa.
• o progre, ese que di que a súa actriz favorita é catherine deneuve, entre os laboristas e os conservadores queda cos laboristas, e afirma que lle interesan as políticas sociais
• o friqui, que baixa esporadicamente dunha galaxia lonxana onde gasta a vida e as ideas combatendo os soldados do exército imperial, vai votar nacionalista
• o incatalogábel, un self-made-man con cara de tendeiro de mafalda ou de borracho nocturno ou de xogador de rugbi, votará os liberais porque non lle gustan nin os laboristas nin os conservadores
• o macarra da cadeaza de ouro ao pescozo non vai votar, porque non sabe nada de política.
• das tías, ningunha vai votar. Unha peloura traballadoriña do norte de irlanda di que votaría verde, pero que como non é escocesa... A outra di que non sabe, que os políticos son todos uns mentireiros, e que cando vota faino polos conservadores porque é o que fan na familia.
Insisto: a democracia é xenial.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?