<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

7.5.07

coñecementos inútiles
A raíz da terrible e ao tempo marabillosa entrevista a cunqueiro que propaga brétemas, propóñome buscar o libro de bertrand russell que cita o de mondoñedo, titulado "os coñecementos inútiles" ou "teoría dos coñecementos inútiles". Cando non atopo nada na biblioteca máis próxima, sáltanme as alarmas. Logo fago un par de pescudas máis, e todos os camiños levan a que cada vez que se menciona a russell e aos coñecementos inútiles é nun texto vencellado coa gastronomía. Ese é precisamente o exemplo que emprega cunqueiro na entrevista: se eu sei que un pexego deriva o seu nome de persicus, porque en persia foron [...] e os pexegos saberanme aínda máis.
Procedo coa hermenéutica, imaxino un par de posibilidades, de fontes, de citas cruzadas, remexo algo en catálogos en inglés, e ante o baleiro, sáeme a hipótese: nunca russell dixo nada semellante; é todo unha andrómena de cunqueiro. El inventou unha cita pra que agora todos a repitamos (e gúguel ecoe) mal atribuída.
Pero aínda vou máis alá. Existiría russell realmente? Ou sería tamén el, coa súa cachimba e a extrema delgadez, un personaxe do Ano do cometa, atopado por Paulos ao pé da torre de londres?

This page is powered by Blogger. Isn't yours?