<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

17.2.07

vidas
Despois de dez anos, volvo ler as Vidas exemplares de Uxía Casal. Na maior parte dos relatos (odio os libros de relatos) non lembro nada da primeira lectura. Nin sequera unha brisa. Pero volvo ter a percepción, logo de tanto tempo, de que esta rapaza fai unha literatura completamente distinta, desreferenciada, de aquí e de ningunha parte. E iso gústame, aínda que odio os libros de relatos. E malia que hai algunha historia que me deixa indeferente, e incluso algunha que me ofende estilisticamente, gusto moitísimo dese mundo e acabo por sentir unha especie de orgullo patriótico: ela di que o que fai non é literatura galega; eu creo que iso é precisamente o que me prende da súa literatura galega, aínda que odie os libros de relatos.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?