<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

17.2.07

homesweethome
Foi en oxford. Por estas cousas que pasan acabamos ceando nun restaurante español Henri, Cimbalaria, Tinkthank e mais eu, atendidos por Bancada-de-río. Todos os cinco nacimos na ghalleira e todos os cinco vivimos a máis de dúas mil millas dela. Así que acabamos falando diso, de cal é a nosa casa. Henri di que somos persoas distintas, que hai un Henri que fala castelán na ghalleira, outro que fala galego en oxford e outro, finalmente, que fala inglés aquí e nos congresos do mundo. Tamén que somos de clases diferentes nun país e noutro. Ademais, el cre que inglaterra é xa a súa casa.
Quedo remoendo niso: onde é a miña casa? Sería demasiado irme de wai crer que escocia é a miña casa logo de catro meses. Pero despois de botar unha semana entre atenas, humidtown e hijuelas, teño claro que aquela xa non é a miña casa. É un sitio onde falar resulta moi cómodo e onde están eses rostros coñecidos, eses xestos, esas amizades que me atan á humanidade pero non á xeografía. E vai tardar tempo en volver ser a miña casa.
Así que cando chego dunha longa viaxe en autocar, bus e tren de máis de dezaseis horas (catro de espera en kingcross incluídas, de madrugada), métome na ducha, mastúrbome tranquilamente, boto o meu desodorante e vou espido ata a sala, pensando: á fin en casa.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?