<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

8.2.07

haggis
Merquei a todo correr pra que non me pechase o tesco unhas haggis prós meus pais, e fun facer a maleta á casa. Metín na bolsa os 900 gramos desas morcillas claras, ao pé do ipod, dos libros e das tres mudas, e arrinquei pra glasgow. Como non había consignas onde deixar a equipaxe durante a noite, houben de carrexar a maleta coas haggis de bar en bar, entre a lexión dos borrachos. Pero en certos bares danlle máis importancia a unha talla S de bershka do que a unhas morcillas ocultas na maleta, e así parrafeo cun africano chamado Abbisa, cruzo olladas cun cachitas autóctono e bailarín, e finalmente acabo facendo un trío preto da catedral cun suízo e cun vigués (que ás veces pide permanecer no anonimato).
O piso é estraño, con varios gatos, unha escaleira moi pina e unha habitación de medio ferrado con todo tipo de trebellos do suízo, dende un kilt a un dicionario de gaélico. E aí, mentres a zugamos ás présas contra o reloxo do bus das 4:45 ao aeroporto, dúas haggis miran pra nós, tranquilamente: a súa materia de desfeita de año e avea permanece perfectamente estábel na contemplación do absurdo da vida.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?