<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

19.11.06

xuntos
A mañá foi unha auténtica tolemia. De súpeto espertamos, era domingo e os transportes públicos desapareceran. E con eles as catro horas de marxe que nos cumprían pra chegar a esa parada de metro con pista de aterraxe que é o aeroporto de prestwick. Primeiro marcha Barataria coa bici a vila-marple, a correr. Perde o bus, pero pra daquela xa cheguei eu andando, tomamos un pouco de café con panceta fritida e apañamos o castromil das mil paradas: larbert, bonnybridge, cumbernauld, chryston, easterhouse, shettleston... Con tanta vella subindo e baixando co pastel de carne no regazo perdemos o tren ao aeroporto, así que correndo regresamos á estación de buses e por cinco minutos din facturado a Barataria pra prestwick.
E eu regreso só, famento, no castromil das mil paradas, lendo un libro que me deixou el bicándonos sobre a plataforma: Reencontro, de Fred Uhlman (unha preciosa historia de amizade entre dous chavalotes, un xudeu e un conde ario, na alemaña de preguerra). E cavilando en que imos vivir xuntos en xaneiro.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?