<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

24.11.06

vicepresidente
Mentres aquí o noso king pacta co lado escuro (pecho os ollos e cavilo 'non sei por que pero confío en ti'), ao ex-vicepresidente dos estados unidos, al gore, dálle por rodar unha película de cine. 'Unha verdade incómoda' é un documental sobre cambio climático ben interesante. E malia consistir en realidade nunha conferencia de dúas horas a un público entregado e logo botada na pantalla, déixase ver, é bastante amena e mesmo eu entendo algunhas cousas. É magoa de non percibir os pequenos detalles das súas alusións á vida persoal, ou á loita política, pero as gráficas de emisión de CO2 en inglés xa non teñen segredos pra min. Algunhas dúbidas quedan: que pasaría se non existisen as papeletas perforadas no estado de Flórida? cantas horas pode estar un político preparando o mesmo powerpoint? os demócratas usan mac e os republicanos pecé?

This page is powered by Blogger. Isn't yours?