<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

16.11.06

raíña
Vou ao cine de vila-marple ver 'A raíña'. Acudo á sesión da tarde porque prometen subtitulaxe en inglés, pero as letriñas duran unicamente os dez primeiros minutos. Así que teño que papar como podo un longo filme do que comprendo unicamente a cuarta parte. Como o señor pawley aínda non opinou sobre ela, podo aventurarme eu, a ver se me poñen na lapela do dvd: é un filme estupendo e supoño que bastante divertido pra quen o entenda. Está moi ben feito, bos encadres, esas cousas...
Pero dende o meu prismiña parecíame que os personaxes estaban demasiado caricaturizados, que o príncipe carlos era o típico pusilánime evadido da realidade, que a cherie era a típica gañana, ou que o duque de edimburgo é o típico vello roñón. Só brillan a raíña e o primeiro ministro (tony, di el), cuns escintilos aos que aínda non chego. Eles e mais a televisión, auténtico protagonista do filme, tanto que un non sabe cando é espectador ou televexo.
Quédanme ademais dúas dúbidas:
1. Por que era a única persoa menor de 50 anos dun cinema completamente ateigado? Por que era do 7% de homes, e probabelmente o único solteiro, que estaba no cinema? Talvez porque prometían subtitulaxe hard-hearings?
2. Onde aprendeu inglés tan marabillosamente evaristo calvo pra que lle desen o papel de tony blair?

This page is powered by Blogger. Isn't yours?