<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

22.10.06

sinofobia
Eles si son unha potencia. O Grande Anxo estivo alí uns días e viña escandalizado: cada día nacen 29 millóns máis de chineses! Afortunadamente, anque non mo conte, agardo que tamén sexan algúns millóns os que morren. O resto veñen pra acó. A xefa máxima da empresa na que estou concedeunos unha visita e reclamounos a internacionalización das nosas liñas de traballo: respondéronlle os meus traballados colegas que cada vez que alguén berraba internacionalización chegaban 1000 chineses máis.
Certo é. Eu tamén vivo con dous, pero en todas as casas do meu arredor hai ruído de uoques a estas horas. E sei o que é que che digan que a túa comida é lixo, que che vendan un trozo de conexión wifi por 20 pounds (dous meses) e que te esperten un domingo ás oito da mañá cantando a paloma sanbasilio da gran muralla.
E sáeme un pequeno abrocho de sinofobia que debo corrixir: será o mal do século XXI. Axúdome da biblia.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?