<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

4.10.06

sen vós non podería
Mentres leo un texto marabilloso de maría de mallou repaso as últimas horas da despedida: un xantar literario, un café con Plattdorf, un partido de fútbol sala con Apombiñado, uns viños na áncora de sempre, unha cita pra ver o newcastle-celta, un sofá cómodo... fóra non chove, clarea, e os mozos van e veñen prá clase collidos da mau e bicándose. Falta pouco pró despegue das bágoas, así que me entreteño facendo a lista de cousas imprescindíbeis:
1. computador portátil con tarxeta airport
2. tres mudas
3. unha manta
4. un ipod
5. unha cámara de fotografía e unha gravadora
6. unha toalla
7. un pasaporte
8. unha carteira
9. un brus prós dentes
10. un clines

This page is powered by Blogger. Isn't yours?