<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

22.10.06

glasgow
O azar levou a Belokan a perth, pero non á cidade prisión australiana, senón á vella perth, á que está en escocia.
Botamos conta dos quilómetros e quedamos pra vernos como se fose tan normal. El en bus e eu en tren baixamos ata glasgow, que me resulta sorprendente. Un magnífico camposanto, unhas rúas costentas como se fose a Cidade ou sanfrancisco sen tranvías, os tixolos vermellos, demasiada tranquilidade... Creo que só vin unha pequena parte, o centro, sen museos e sen nada. Foi case só andar e arrecender. Gústame. Fixemos tamén un pequeno percorrido temperán pola súa zona de ambiente, pero non eran horas. Belokan sinaloume os bares de gigs. Despois tomámoslle unhas pintas con peixe fritido e con año en mollo de menta.
Prepárate glasgow: foi só a primeira vez.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?