<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

14.10.06

despedida 3: amigos
Dimo Ian en plan broma, pero reconfórtame: algo debeches facer pra que te traten así. A bágoa de Argallante Máximo, os comentarios de Eya (que quedaron sen responder), a ilusión que lle albisco nos ollos a Ferre cando fala de mercar un homecinema prá fundación cesare, o bico de Chimpi, a mensa de Apombiñado... Tantas e tantas mostras de cariño levei estes días que non dou feito a contalas todas. Nin a sentilas como merecen. Agora tócame a min devolverlles todo aos amigos: feitos, visitas, e crónicas do tío matt o viaxeiro. E abrir permanentemente as portas da pousada: vinde.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?