<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

28.9.06

yard sale
Leo nestes días o frade luis de león, compañeiro de todas as crises. Ao tempo miro prás 34 caixas acuguladiñas de libros que van ir pra unha casa en maceda, cedida polo meu prezado Ferre e que será a nova sede da fundación cesare.
Nestas horas, ademais de darme de baixa, desdomiciliar, comunicar mudanzas de enderezo e renegociar seguros, teño que resolver qué fago cunha bici, un dvd, unha tele, varias alfombras, louza, táboas de pasar o ferro e demais trebellos domésticos. Para o sábado hai convocada unha feira, unha yard sale, pra vender e agasallalo todo. Abrirá ás once da mañá e completarase cunha merenda ás seis da tarde. A benvida é total.

E a partir de agora asinaremos un novo contrato: Estando presentes dunha parte eu e doutra os obxectos, acordamos...

This page is powered by Blogger. Isn't yours?