<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

21.9.06

supermodelo
A cita de cas johnson inclúe televisión, viño e unha extraordinaria cea de pasta con lagostinos. Xuntámonos , pra ver supermodelos eu, eles, a Tenente Risitas e o seu inseparábel Regañas, e tamén Apombiñado, que chega tarde pero guapísimo. Bebemos, fumamos, aledámonos cando a galega graciela consegue continuar unha semana máis no programa, e despois imos marchando bébedos aos poucos, tarde, ou moi tarde.
Pero de camiño prá casa enredo nunha silva e aparezo no fogar dun verdadeiro supermodelo. Ten un corpo duro e impresionante, máis aínda que cando o coñecín hai máis de doce anos. Botou un tempo en ciudad-ajo, traballando na arte e na pasarela, pero de alí volveu coas tres feridas: delas falamos, sobre un pacto asinado de só abrazarse. Pero a cama era estreita como a vida, así que acabamos batendo coa débeda de desexo destes doce anos, que estaba agochada entre as sabas.
Érgome pois en casa allea e antes do mencer, e arranco correndo prá miña casa polas rúas de humidtown. Nesas atópome con gordon: vai petando nas fiestras e nas portas e berrando: esperten, espabilen, veñan sentir o recendo a dátil e balea.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?