<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

5.9.06

lausanne
Uns minutos antes de entrar ver 'A paixón de Xoana de Arco' na filmoteca suíza, gasto os instantes libres sobre o céspede do pazo de xustiza. As pernas síntoas de ferro co cansazo. Aló embaixo está un trozo de lausanne, os tellados, e despois o lago Lemán, e despois, do outro lado, as luces xa da ribeira sur, que de momento perden a súa loita contra o solpor.
Ao meu redor, máis xente mira pró lago neste serán. Señores maiores, rapaces con cans, ghipis, bébedos, mocitas hindús... Todos, dalgunha forma ou outra, cavilamos no futuro.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?