<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

13.9.06

familia
Cando eu era máis miñoca aínda, nas ceas de nadal eramos doce ou quince persoas. Ano a ano foron morrendo os avós, os tío-avós, os primos dos avós..., e nós reducimos o tamaño da mesa e logo directamente o da sala: quedamos seis. Pero seis tristes, cunha derivada de x tendente a cero.
Agora que Itopo marcha pra ciudad-ajo con sefarad, esa unidade de seis que só se facía realidade no nadal, salta polos aires. As causas non son só os quilómetros: tamén unha forma de ver, unha forma de pensar, unha forma de poñer a lavadora.
E agora, coas pezas do puzle polo aire, só hai que agardar como e en que taboleiro caen.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?