<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

11.8.06

touros
Nestes momentos de alta temperatura ecolóxica, collo pra ler unha man de obras de literatura infantil, entre elas O traxe de luces, debuxado por Anna Laura Cantonne e narrado por Didier Lévy. Da primeira á última páxina reina no álbum a fascinación, a maxia, a sorpresa, os pousos e ata unha certa subversión do poder que protagoniza unha cabuxa rideira. É antitaurina, pero non dogmática, e aínda que é interesante sobre todo resulta divertida.
Non se pode dicir o mesmo de E rara Makeke?, a enésima fábula antirracista de formigas azuis e formigas vermellas, nin de O ladrón de paxaros, narración inxenua que cre que aos nenos lles medran os paxaros na cabeza. Tampouco é xenial O pirata Metepata, que fai naufragar o barco da ilustración e incluso da trama por uns versos tan mal escritos e tan galegos que asustan, e tampouco me aquela Aquiles o puntiño, narración gráfica que deslumbra ao comezo pero que empantana despois nunha lama de trazos e pasos previsíbeis.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?