<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

27.8.06

tenrura
Aos poucos leo 3 álbumes que merquei no salón de banda deseñada de ankara. Seguramente entra na categoría de obras mestras 'La perdida', aventura dunha estadounidense en méxico escrita e debuxada pola estadounidense en méxico jessica abel. Seguramente sexa unha desas historias fantasticamente guionizadas, debuxada con precisión, digna de converterse en filme. Pero non sendo catro ou cinco imaxes que me quedaron na retina, esquecín xa todo. Así que o gardarei no andel das obras mestras.
Moitísimo peor é, sen dúbida, Diario I, do francés fabrice neaud. Unha insoportábel historia de desamor, sórdida no texto e sórdida nas imaxes, onde nin sequera o sexo explícito é lindo. Algo moi adolescente, case tanto como a historia de Seijas á que lle deron o premio da deputación ankaresa: canta verba sobrante é considerada literatura.
Porén, algo ao que non lle tiña moitas espranzas, os combates cotiáns de Manu Larcenet, resultan ser fondos e divertidos ao tempo: un auténtico monumento á tenrura construído co gato máis xenial dende garfield, un velliño ex-lexionario, uns pachuzos, unha playstation e relanzos dunha historia de cana verde: de ratos e de homes.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?