<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

22.8.06

sur
Pra facerlle fronte á choiva collo a autoestrada con proa ao sur e chego a estoril. Alí, ás agochadas, métome no hotel onde descansa Barataria despois de pastorear turistas albaceteños. Gastamos a mañá imaxinándonos xuntos polo mundo e a tarde vendo o mar sobre un horizonte de xubilados, surfeiros, futineiros de ipod e damas con cans. Ao día seguinte despedímonos, máis atados ca nunca, tamén en segredo: el baixa ao bufé no sótano e eu lisco sen almorzar, ás caladas, poñendo cara de español despistado e coándome pola viradoira.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?